Saltar ao contido

Juan Luis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Luis López García»)
Modelo:BiografíaJuan Luis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Luis López García Editar o valor en Wikidata
1894 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1979 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJuan Luis Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFrancisco López Carballo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1005044 BUSC: lopez-garcia-juan-luis-1894-1984


Juan Luis López García, chamado Juan Luis, nado en Santiago de Compostela en 1894 e finado en Madrid en 1979, foi un pintor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou na actividade pictórica na infancia no taller do pai. Fórmase basicamente nas aulas de pintura de Mariano Tito Vázquez e na Escola de Artes e Oficios da cidade. Obtivo unha bolsa de estudos do Concello de Santiago coa que se desprazou a Madrid. Alí coñeceu, por mediación de Francisco Asorey, a artistas da época como Manuel Bujados ou Julio Romero de Torres.

Ao seu regreso contaba xa cun certo prestixio. Participa na Exposición Rexional da Coruña, en 1917, e obtén grandes gabanzas dos críticos da época[1]. Encargóuselle a restauración do retablo da igrexa de Arcos de Furcos (Cuntis), e alí coñeceu a Xosefa Carballo, coa que casaría en 1918, e tivo ao seu fillo Francisco Luis . Participou en distintas edicións da Exposición Nacional de Belas Artes que se celebraba en Madrid.

En 1926 viaxa como bolseiro a París, onde coñece a Carlos Maside, que o introduciría nos faladoiros artísticos dos cafés de Montmartre e Montparnasse, e no 1930 desprázase de novo como bolseiro da deputación da Coruña a visitar distintos museos e galerías de Italia, Suíza e Francia. Despois da guerra civil ingresa como catedrático na Escola Superior de Belas Artes de Barcelona.

A súa pintura é basicamente de temática costumista, especialmente campesiña. Habería que encadralo na mesma xeración que Castelao, Xesús Corredoyra ou os seus grandes amigos Felipe Bello Piñeiro e Francisco Asorey.

  1. Cerviño Lago, M.J., El pintor Juan Luis: apuntes sobre su vida y su obra (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1985

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Areán, C.: Treinta años de Arte Español, Madrid, 1972.
  • Arte Gallego (catálogo), Santiago de Compostela, 1926.
  • Artistas Galegos: pintores (rexionalismo I). "Juan Luis", Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.
  • López Vázquez, J.: "Juan Luis", en Gran Enciclopedia Gallega, tomo 18, pp. 117–120.
  • Mon, Fernando: La pintura actual en Galicia, A Coruña, 1972.
  • Travieso Mougán, J.: Juan Luis, un goce de la pintura (catálogo), Deputación da Coruña, 1984.
  • Travieso, J.; Cerviño Lago, J.: El pintor Juan Luis (catálogo), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1994.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]