Saltar ao contido

Juan María Quiroga Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan María Quiroga Gómez de Orbán»)
Modelo:BiografíaJuan María Quiroga Gómez
Biografía

Juan María Quiroga Gómez de Orbán, finado en Lugo o 20 de xaneiro de 1880, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Quiroga Prado e Carmen Gómez Gómez. No Sexenio Democrático foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de agosto de 1872. Finou en Lugo o 20 de xaneiro de 1880.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en tres ocasións: a primeira con Jacoba Bermúdez de Castro Sangro e Páramo, da Casa de Vilabade de Castroverde e da de Goián de Pantón, entre outras; coa que tivo tres fillos, Cristina, Jacoba e Juan Reinaldo Quiroga Sangro. Do seu segundo matrimonio tivo un fillo que falece de neno. Casou en terceiras núpcias con Antonia Mouriz e foi pai de Carmen Quiroga Mouriz.

  1. La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-1-1880, p. 19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. p. . ISBN 84-87987-25-7.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]