Julio Astray Caneda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1827 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 9 de novembro de 1896 ![]() Ourense, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Familia | |
Fillos | Margarita Astray Reguera ![]() |
Irmáns | Marcelino Astray de Caneda ![]() |
![]() |
Julio Astray-Caneda Álvarez-Builla, nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado en Ourense o 9 de novembro de 1896, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto de Pedro Nicolás Astray Caneda e fillo de Jose Astray-Caneda Calvelo. Rematou a carreira de Dereito en 1847 e colexiouse en Madrid.[1] Avogado de Santiago de Compostela. Foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Colaborou en El País e La Perseverancia. Militou no Partido Republicano e no Sexenio Democrático foi elixido deputado por Ribadavia nas eleccións de agosto de 1872. Maior contribuinte de Santiago de Compostela en 1881, na Restauración foi elixido deputado por Verín nas eleccións de 1886,[2] e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1893. Despois foi deputado provincial polo distrito de Ourense. Finou en Ourense o 9 de novembro de 1896.[3][4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Reflexiones sobre la memoria relativa al proyecto del ferrocarril económico directo de La Coruña a Santiago, 1882.
- La trasladación del Apóstol Santiago (poema relixioso).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era irmán do alcalde de Vigo Marcelino Astray de Caneda.[5] Casou con Elvira Reguera e foi pai de Margarita Astray Reguera.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Astray-Caneda Álvarez, Xulio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. p. 95. ISBN 84-87987-25-7.