K'inich K'uk' Bahlam II
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | século VIII |
Ajaw de Palenque | |
4 de marzo de 764 – 783 ← K'inich Kan Bahlam III – Wak Kimi Janaab' Pakal → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pai | K'inich Ahkal Mo' Naab III |
K'inich K'uk' B'ahlam II ou K'inich K'uk Balam II foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. Tamén é referido como Bahlum K'uk' II ou Mahk'ina Kuk. O seu nome pode ser traducido como Gran Sol Quetzal Xaguar ou Radiante Quetzal Xaguar. Gobernou do ano 764 ó 783.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de K'inich Ahkal Mo' Naab III e Ix Men Nik, tamén coñecida como Ix Sajal Juj.[2][3] De acordo ás inscricións atopadas en Palenque, o seu antecesor puido ser Upakal K'inich Janaab' Pakal de quen se descoñece a data final do seu goberno; porén, en Pomoná atopouse unha inscrición datada no ano 751 que se refire a un gobernante palencano a quen se chamou co nome de K'inich Kan Bahlam III.[4]
De acordo á conta longa do calendario maia, K'inich K'uk' B'ahlam II foi entronizado o 9.16.13.0.7 9 manik 15 uo, é dicir, o 4 de marzo do ano 764. Durante o seu goberno foron tallados o taboleiro dos 96 glifos e o taboleiro da creación. Ambos os taboleiros, pertencentes ó Período Clásico tardío, son considerados os mellores logros escultóricos de xeroglíficos maias pola facilidade e precisión coa que parecen ser tallados os bloques de pedra.[5] No taboleiro dos 96 glifos atópase escrita a cronoloxía dinástica de Palenque a partir de K'inich Janaab' Pakal. O sucesor de K'uk B'alam II foi Wak Kimi Janaab' Pakal.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Florescano, Enrique (2009). Los orígenes del poder en Mesoamérica. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0140-7.
- Grube, Nikolai (2006). Los mayas. China: Könemann. ISBN 978-3-8331-1959-0.
- Miller, Mary Ellen (2009). Arte y arquitectura maya. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0077-6. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- Skidmore, Joel (2008). "The Rulers of Palenque. A Beginner's Guide" (PDF). Mesoweb Publications. Consultado o 16 de decembro de 2012.
- Stuart, David (2010). Comentarios sobre las inscripciones del Templo XIX de Palenque (PDF) (Precolumbia Mesoweb Press ed.). Estados Unidos: The Pre-Columbian Art Research Institute. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.