Saltar ao contido

Quilovatio hora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «KWh»)
Contador doméstico de enerxía eléctrica.

O quilovatio-hora,[1] simbolizado kWh, é unha unidade de enerxía. Equivale á enerxía correspondente a unha potencia dun quilovatio (kW) durante unha hora, que corresponde a 3,6 millóns de joules.

O quilovatio hora úsase xeralmente para a facturación da enerxía eléctrica, dado que é máis práctico de utilizar que a unidade de enerxía do Sistema Internacional de Unidades, o joule, o cal corresponde a un vatio por segundo (W·s), que sendo como é unha unidade pequena, obrigaría a empregar cifras grandes.

Equivalencias

[editar | editar a fonte]
de / a Joule Vatio hora Electrón voltio Caloría
1 J = 1 kg m2 s−2 = 1 0,278 × 10−3 6,241 × 1018 0,239
1 kWh = 3,6 × 106 1.000 22,5 × 1024 0,860 × 106
1 eV = 1,602 × 10−19 44,5 × 10−27 1 33,8 × 10−21
1 cal = 4,1868 1,163 × 10−3 0,261 × 1018 1

Algúns múltiplos son:

  • o megavatio-hora (MWh) = 1000 kWh
  • o megavatio-ano = 365 × 24 × 1000 kWh
  • o xigavatio-hora (× 1 000 000 kWh)
  • o teravatio-hora (× 1 000 000 000 kWh) e os seus múltiplos anuais (×365×24).

1 kWh ≈ 3412 BTU ≈ a enerxía térmica producida por 0.1 Nm3 (metro cúbico en condicións normais) de gas natural.

Os aparatos eléctricos cando están funcionando xeran un consumo de enerxía eléctrica en función da potencia que teñan e do tempo que estean en funcionamento. O cálculo do consumo eléctrico en kWh dos contadores, realízase multiplicando a potencia utilizada polas horas de funcionamento.

  1. O quilovatio-hora (kWh) non debe confundirse con quilovatio por hora (kW/h), pois esta última non é unha unidade de enerxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazón externa

[editar | editar a fonte]