Xázaro
Os xázaros[1] ou kházaros[2] (en hebreo, Kuzari כוזרי, en árabe: خزر, en turco: Hazar, en grego: Χαζαροι, en ruso: Хазары, en latín: Gazari ou Cosri) foron un pobo turco procedente de Asia central. Entre os séculos VIII e IX, o xudaísmo converteuse na relixión de estado.
O nome "khazar" parece estar vinculado a un verbo túrquico que significa "errante" (gezer en turco moderno). No século VII, fundaron un Khanato independente no Cáucaso Norte a beiras do Mar Caspio, onde co paso do tempo o xudaísmo converteríase en relixión oficial. No seu momento de máximo esplendor, eles e os seus tributarios controlaron boa parte do que hoxe é o sur de Rusia, Kazakhstán occidental, este de Ucraína, parte importante do Cáucaso, (Daguestán, Acerbaixán, Xeorxia,...) e Crimea.
Os xázaros foron importantes aliados do Imperio Bizantino contra o Imperio Sasánida, ademais dunha significativa potencia rexional no seu momento de máximo esplendor. Emprenderon unha serie de guerras, todas vitoriosas, contra os califatos árabes, evitando así posiblemente a invasión de Europa Oriental. A finais do século X, o seu poder declinaría fronte ao Rus de Kíiv, desaparecendo misteriosamente da historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2215. ISBN 9788482893600.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: xázaros |