KZ 1
Aparencia
(Redirección desde «Kuaizhou 1A»)
KZ 1 (Kuaizhou 1), denominado ás veces KZ 1A e coñecido tamén como Fei Tian 1 (FT 1) na súa versión comercial, é o nome dun modelo de foguete espacial de propelente sólido da China.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]O KZ 1 foi desenvolvido por China Aerospace Science and Technology Corporation (CASIC) como un lanzador pequeno e propulsado por propelente sólido nas súas tres primeiras etapas e propelente líquido na cuarta. Está deseñado expresamente para dar resposta a lanzamentos rápidos en caso necesario, podendo poñer ata 400 kg en órbita. É ofrecido comercialmente co nome Fei Tian 1 (FT 1) e poden lanzarse tanto desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan como desde o Centro de lanzamento de Taiyuan.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[2] | Data[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 17 de marzo de 2012 | N/A | Éxito | Primeiro voo de probas dun KZ 1. |
2 | 25 de setembro de 2013 | Kuaizhou 1 | Éxito | |
3 | 21 de novembro de 2014 | Kuaizhou 2 | Éxito | |
4 | 9 de xaneiro de 2017 | Jilin-1 Shipin-03 / Xingyun S1 / Kaidun 1 | Éxito | |
5 | 29 de setembro de 2018 | CentiSpace-1 S1 | Éxito | |
6 | 30 de agosto de 2019 | Taizhi 1 / TY 1-07 | Éxito | |
7 | 13 de novembro de 2019 | Jilin-1 Gaofen-02A | Éxito | |
8 | 17 de novembro de 2019 | KL-Alpha A / KL-Alpha B | Éxito | |
9 | 7 de decembro de 2019 | Jilin-1 Gaofen-02B | Éxito | |
10 | 7 de decembro de 2019 | HEAD 2A / HEAD 2B / TY 16 / TY 17 / Tianqi 4A / Tianqi 4B | Éxito | |
11 | 16 de xaneiro de 2020 | Yinhe 1 | Éxito | |
12 | 12 de maio de 2020 | Xingyun-2 1 / Xingyun-2 2 | Éxito | |
13 | 12 de setembro de 2020 | Jilin-1 Gaofen-02C | Fallo | |
14 | 27 de setembro de 2021 | Jilin-1 Gaofen-02D | Éxito | |
15 | 27 de outubro de 2021 | Jilin-1 Gaofen-02F | Éxito | |
16 | 24 de novembro de 2021 | SY 11 | Éxito | |
17 | 15 de decembro de 2021 | GeeSAT 1A / GeeSAT 1B | Fallo | |
18 | 22 de xuño de 2022 | Tianxing 1 | Éxito | |
19 | 23 de agosto de 2022 | CX 16A / CX 16B | Éxito | |
20 | 6 de setembro de 2022 | CentiSpace-1 S3 / CentiSpace-1 S4 | Éxito | |
21 | 24 de setembro de 2022 | SY 14 e SY 15 | Éxito | |
22 | 22 de marzo de 2023 | Tianmu-1 03 a 06 | Éxito | |
23 | 9 de xuño de 2023 | Longjiang 3 | Éxito | |
24 | 20 de xullo de 2023 | Tianmu-1 07 a 10 | Éxito | |
25 | 14 de agosto de 2023 | HEAD 3A a 3E | Éxito | |
26 | 25 de decembro de 2023 | Tianmu-1 11 a 14 | Éxito | |
27 | 27 de decembro de 2023 | Tianmu-1 19 a 22 | Éxito | |
28 | 5 de xaneiro de 2024 | Tianmu-1 15 a 18 | Éxito | |
29 | 11 de xaneiro de 2024 | Tianxing 1-02 | Éxito | |
30 | 20 de setembro de 2024 | Tianqi 29 a 32 | Éxito |