A viaxe do Emperador
A viaxe do Emperador | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Marche de l'Empereur |
Director | Luc Jacquet |
Produtor | Ilann Girard Yves Darondeau Christophe Lioud Emmanuel Priou |
Guión | Luc Jacquet Michel Fessler |
Intérpretes | pingüíns emperador |
Música | Emilie Simon |
Fotografía | Laurent Chalet Jérôme Maison |
Estrea | 2005 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | Francia |
Na rede | |
http://empereur.luc-jacquet.com | |
A viaxe do emperador (en francés: La Marche de l'empereur), é un filme documental dirixido por Luc Jacquet.
A película mostra as viaxes anuais dos pingüíns emperador da Antártida. No outono, todos os pingüíns en idade reprodutiva (de máis de cinco anos) deixan o océano, o seu hábitat habitual, para iniciaren unha viaxe ao interior da Antártida cara aos seus lugares de anidamento e reprodución ancestrais. Alí os pingüíns comezan o cortexo que dará lugar a unha nova vida. Para que os pitos sobrevivan os seus pais han de facer varias viaxes desde o lugar de anidamento ata o océano, onde capturan a comida, ao longo de varios meses.
O rodaxe da película, realizado nos arredores da base científica francesa de Dumont d'Urville en Terra Adelia, durou un ano.
Premios
[editar | editar a fonte]- Mellor filme documental
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en francés)