Labrego, labrega
Aparencia
(Redirección desde «Labrador»)
Un labrego ou unha labrega,[1] ou campesiño ou campesiña, é unha persoa que ten como oficio traballar as terras. O labrego tradicionalmente é definido en socioloxía como o membro dunha comunidade nunha sociedade agraria ou rural. Cando o labrego se atopa illado en grandes propiedades do seu dominio, ou manexa a súa produción cunha considerable orientación comercial, transfórmase nun granxeiro.
Os labregos teñen os coñecementos que lles deu a xestión do medio de produción, a terra, e a experiencia acumulada, con éxitos e fracasos, ó longo de xeracións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labrego.