Labrar
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Calendario_%28l%27aratura%29%2C_1000_circa%2C_miniatura%2C_cotton_ms._Tiberius_B._V.%2C_f._3r.%2C_Londra%2C_British_Library.jpg/220px-Calendario_%28l%27aratura%29%2C_1000_circa%2C_miniatura%2C_cotton_ms._Tiberius_B._V.%2C_f._3r.%2C_Londra%2C_British_Library.jpg)
A labranza[1] é a operación agrícola consistente en trazar surcos máis ou menos profundos na terra cunha ferramenta de man ou cun arado. A acción de labrar a terra mediante un arado é referida como «arar».[2] A palabra «labrar»[3][4] deriva do latín laborāre, que tiña o significado xenérico de traballar.
Entre as funcións da labranza atópanse facilitar a circulación da auga para unha rega correcta, destruír as malas herbas, facer menos compacta a terra adecuándoa así para a sementa agrícola, mellorar a estrutura e textura do chan, evitar a encharcada provocada por altas precipitacións pluviais e o uso como control biolóxico xa que os insectos e vermes quedan a nivel superficial e veñen os depredadores a alimentarse deles. Arar a terra varias veces, emparellando para formar superficie de plantación dáse en lugares onde as condicións climáticas non permiten preparar o chan previamente (temperaturas baixas, choivas etc.).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labranza.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arar.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labrar.
- ↑ Definición de labrar no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Labrar ![]() |