Saltar ao contido

Laura LaMontagne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Laura Lamontagne»)
Modelo:BiografíaLaura LaMontagne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1993 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante, poetisa Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm9383740 Editar o valor en Wikidata

Laura Iglesias Vázquez, de nome artístico Laura LaMontagne, nada en Lugo en 1993, é unha actriz, cantautora e poeta galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela o grao en Lingua e literatura inglesas. Toma o seu apelido artístico do cantautor norteamericano Ray LaMontagne. Laura protagoniza, coa súa irmá, o videoclip do tema "Papá borracho" (2017)[1] do grupo Ataque Escampe. No filme A estación violenta (2017) interpreta o personaxe de Daniela e canta e toca coa guitarra a canción "Azulejos", da súa autoría.

Participou no proxecto Novas voces para a lingua da RAG e a USC.[2] Ten un proxecto musical co DJ e produtor compostelán PicoAmperio no que interpretan temas baseados en textos de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Fernando Pessoa e Xela Arias[3] e co que o 16 de maio de 2021 actuaron no Concerto do Día das Letras Galegas, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]