Lei de todo ou nada
En fisioloxía, a lei de todo ou nada (ás veces o principio de todo ou nada) describe que unha única fibra nerviosa sempre producirá unha resposta máxima, un impulso eléctrico de amplitude fixa, cando se estimula adecuadamente. Aumentar a intensidade ou a duración do estímulo non altera a amplitude do impulso.
Este principio foi inicialmente establecido por Henry Pickering Bowditch en 1871 para a contracción do músculo cardíaco e posteriormente confirmado no músculo esquelético por Keith Lucas en 1909.[2]
Edgar Adrian rexistrou en 1925 o primeiro illamento dun potencial de acción dun conxunto de fibras musculares, destacando que os impulsos xerados eran uniformes. A relación entre estímulo e resposta obedece a este principio: un estímulo por debaixo do limiar non provoca un impulso, mentres que un igual ou superior xera un impulso de máxima magnitude.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kalat, James W (2016). Biological psychology (12 ed.). Australia. ISBN 9781305105409. OCLC 898154491.
- ↑ Lucas, Keith (1909-02-09). "The ‘all or none’ contraction of the amphibian skeletal muscle fibre". The Journal of Physiology (en inglés) 38 (2-3): 113–133. ISSN 0022-3751. PMC 1533646. PMID 16992966. doi:10.1113/jphysiol.1909.sp001298.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |