Leia Organa
![]() | Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |

A Princesa Leia Organa é unha personaxe de ficción da saga Star Wars interpretada pola actriz Carrie Fisher na triloxía orixinal dos 80, na triloxía de precuelas e na primeira triloxía logo da compra de LucasFilm por parte de Disney.
Nada como Leia Skywalker e chamada despois Leia Organa é filla da senadora Padmé Amidala e do Cabaleiro Jedi Anakin Skywalker, é irmá xemelga de Luke Skywalker e esposa de Han Solo. Foi adoptada polo senador Bail Prestor Organa e a súa esposa Breha despois do falecemento da súa nai no parto e a transformación do seu pai en Darth Vader.
Casting
[editar | editar a fonte]Leia foi creada por George Lucas, creador da Guerra das Galaxias.

Fisher tiña 19 anos cando foi escollida para interpretar á princesa Leia,[1] por diante doutras actrices que tamén prepararan o papel como Amy Irving, Cindy Williams e Jodie Foster.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Star Wars original cast looked 'a little melted' for Episode VII – Carrie Fisher". The Guardian (en inglés) (Guardian Media Group). 25 de maio de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2019.
- ↑ "The Star Wars Screen Tests: Meeting Han, Leia and Luke" (en inglés). BBC. 29 de abril de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leia Organa ![]() |