Reiseñor do Xapón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Reiseñor do Xapón | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Leiothrix lutea (Scopoli, 1786) |
O leiotrix pico-vermello[Cómpre referencia] ou reiseñor do Xapón[Cómpre referencia] (Leiothrix lutea) é unha especie de ave paseriforme da familia Leiothrichidae.
Distribución natural
[editar | editar a fonte]Especie orixinaria do sur de Asia, desde Tailandia até o sur de China.
O nome en galego pode resultar confuso xa que o reiseñor do Xapón nin é un reiseñor (aves da familia Muscicapidae) nin é orixinario do Xapón.
Distribución actual
[editar | editar a fonte]Algunhas poboacións foron introducidas no Xapón e Hawai onde só viven desde os anos 80 do século XX,tamén existen varias colonias en Europa de aves escapadas presentes en Portugal, Francia e en España onde está recoñecida como especie invasora debido ao seu establecemento na Serra de Collserola, xunto ao núcleo urbano de Barcelona.[2]
O carácter invasor desta especie motivou a prohibición da súa importación, venda, cría e liberación ao medio ambiente no Xapón.[3][4]
Conservación e ameazas
[editar | editar a fonte]A súa distribución é moi ampla desde o sur do Himalaia e sueste asiático até a China, o seu rango de distribución é moi grande e a UICN non a cataloga como especie ameazada a pesar da destrución do seu hábitat e a súa captura como ave de gaiola.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Esta especie é moi apreciada polos amantes das aves do mundo enteiro debido a que o macho posúe un marabilloso canto equiparable ao do reiseñor común, ademais posúen unhas atractivas cores e adáptanse con facilidade á vida en catividade. A cría en catividade é moi complicada.
A alimentación do reiseñor do Xapón é principalmente insectívora, cazando todo tipo de insectos e vermes. Tamén se alimentan de bagas e froitas.
Carácter invasor en España
[editar | editar a fonte]Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado por Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Leiothrix lutea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Leiothrix lutea CATÁLOGO ESPAÑOL DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS
- ↑ [1] asahi.com
- ↑ [2] GISP News.
- ↑ BirdLife International 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reiseñor do Xapón |