Saltar ao contido

Leoncio Rubín de Celis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Leoncio Rubín de Oroña»)
Modelo:BiografíaLeoncio Rubín de Celis
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1810 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1875 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Madrid, Spain, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata

Leoncio Rubín de Celis Oroña, nado en Redondela o 12 de setembro de 1810 e finado en Madrid o 23 de setembro de 1875, foi un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira militar no ano 1829 no rexemento provincial de Tui co rango de subtenente de milicia. Entre 1834 e 1844 combateu na guerra contra os carlistas, acadando diferentes condecoracións e ascendendo a Tenente Coronel de Estado Maior. En outubro de 1844 foi detido e encausado. Sobresida a causa ao ano seguinte, foi posto en liberdade en febreiro, pasando á situación de cuartel en Galicia.

Durante a revolución galega de 1846 sublevou a praza de Vigo e exerceu o mando da segunda división do Exército Libertador de Galicia co que dirixiu o intento de conquistar Ourense. O cargo duroulle unicamente dez días (do 15 ó 24 de abril). No último, saíron en dirección a Soutelo de Montes, onde se decataron do fracaso de Miguel Solís na Batalla de Cacheiras e detivéronse a descansar ata a mañá do 25, cando foron cara á Estrada e Cuntis, quizais coa idea de pasar a Portugal. Á noite Rubín fuxiu co seu axudante en dirección a Vigo, para poder embarcar con destino ó estranxeiro.[1]

Retornou amnistiado a España. En 1854 foi nomeado gobernador militar da Provincia de Pontevedra e sucesivamente da de Alacant e da de Valladolid. Foi promovido a Mariscal de Campo en 1856.[2] En 1859 combateu en África nas batallas dos Castillejos, de Cabo Negro e Tetuán. No seu regreso ocupou os cargos de capitán xeneral de Estremadura (1864), Granada (1865) e Andalucía (1871).[3]

Foi deputado polo distrito de Ponte Caldelas en 1858, 1863 e 1864 e polo de Vigo en 1865; nas eleccións de 1869 foi elixido deputado polo distrito de Vigo.

Finou en Madrid o 23 de setembro de 1875.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Orden de Isabel la Catolica (1856).
  • Orden de Carlos III (1860).
  • Cabaleiro da Orden de San Fernando.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carolina de Llano y Larrea, que finou en Vigo en abril de 1886.[5]

  1. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  2. La Oliva, 3-9-1856, p. 2.
  3. Isabel Sánchez, Jose Luis. "Leoncio Rubín de Celís y Oroña". Real Academia de la Historia. Consultado o 2022-02-23. 
  4. El Diario de Santiago, 27-9-1875, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 27-4-1886, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]