Les Roseaux sauvages
Les Roseaux sauvages | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Les Roseaux sauvages |
Director | André Téchiné |
Produtor | Georges Benayoun Alain Sarde |
Guión | Olivier Massart Gilles Taurand André Téchiné |
Intérpretes | Élodie Bouchez Gaël Morel Stéphane Rideau Frédéric Gorny |
Fotografía | Jeanne Lapoirie |
Montaxe | Martine Giordano |
Distribuidora | Pan Européenne Distribution |
Estrea | 1 de xuño de 1996 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 3,8 millóns de dólares |
Recadación | 5,2 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Les Roseaux sauvages é un filme francés de 1994 dirixido por André Téchiné. O filme trata do espertar de catro adelescentes e a súa transición á adultez a finais da guerra de Independencia de Alxeria. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Suroeste de Francia, 1962. Dous adolescentes, François e Maïté, acoden a unha voda. Un militar casa cunha campesiña para evitar volver a Alxeria a facer a guerra. Este pídelle á nai de Maïté, a Sra. Álvarez, responsable da célula local do partido comunista e profesora do seu irmán, que o axude a desertar, mais ela négase porque o partido, igual que o presidente de Gaulle, apoia a independencia. François atópase co irmán do soldado, Serge, que lle pide axuda para a materia de francés. François acepta e ao ir facéndose máis amigo de Serge dáse de conta de que prefire os mozos. Sincérase con Maïté, que non se sente atraída por ninguén e rexeita de momento a sexualidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]
- Élodie Bouchez como Maïté Alvarez
- Gaël Morel como François Forestier
- Stéphane Rideau como Serge Bartolo
- Frédéric Gorny como Henri Mariani
- Michèle Moretti como Madame Alvarez
- Jacques Nolot como Monsieur Morelli
- Eric Kreikenmayer as Pierre Bartolo
- Nathalie Vignes como Irène
- Michel Ruhl como Monsieur Cassagne
- Fatia Maite como Aicha Morelli
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Les Roseaux sauvages na IMDb (en inglés).