Letrínidos
Os Letrínidos (Lethrinidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas tropicais do Indopacífico occidental, aínda que a especie Lethrinus atlanticus se estende pola costa de África occidental, incluído o Mediterráneo.
Características
[editar | editar a fonte]Corpo oblongo e comprimido. Unha aleta dorsal continua, con 10 espiñas e 8-10 radios brandos; a anal con 3 espiñas e 8-10 radios brandos; as pectorais longas e puntiagudas; as pélvicas de inserción torácida, cunha espiña e 5 radios brandos; caudal fendida.
Son peixes carnívoros que se alimentan no fondo de mares costeiros, principalmente cerca dos arrecifes de coral; algunhas especies posúen fortes molares cos que trituran as cunchas dos moluscos.
Varias especies son hermafroditas protoxinos (é dicir, con inversión de sexo de femias a machos).
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídese en dúas subfamilias e cinco xéneros:
- Subfamilia Lethrininae:
- Xénero Lethrinus (CuvierDesam, 1829)
- Subfamilia Monotaxinae:
- Xénero Gnathodentex (Bleeker, 1873)
- Xénero Gymnocranius (Klunzinger, 1870)
- Xénero Monotaxis (peces) (Bennett, 1830 )
- Xénero Wattsia (Chan e Chilvers, 1974)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Letrínidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Letrínidos |