Saltar ao contido

Avogado, avogada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Letrado»)
Avogado francés, principios do s. XX.

Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.

Exercicio profesional

[editar | editar a fonte]

Persoa que exerce o dereito, sendo un colaborador activo e indispensable da Administración de Xustiza.

O avogado é un dos cooperadores ou axentes que interveñen no proceso da administración de xustiza defendendo os intereses das parte en litixio. Ao ser o avogado un profesional especificamente preparado e especializado en cuestións xurídicas, é a única persoa que pode ofrecer un enfoque adecuado do problema que ten o cidadán dende o punto de vista procesual.

Débese salientar que ademais da súa intervención en xuízo, unha función básica e principal do avogado é a preventiva. Con asesoramento, unha correcta redacción dos contratos e documentos etc, evítanse conflitos, de forma que o avogado, máis ca para os preitos ou xuízos, serve para non chegar a eles. Tanto é así que na maioría dos procedementos xudiciais é obrigatorio comparecer perante os tribunais e asistido ou defendido por un avogado.

A actuación profesional do avogado baséase nos principios de liberdade e independencia. O principio de boa fe preside as relacións entre o cliente e o avogado, que está suxeito ao segredo profesional.

Por medio dos colexios de avogados ou organismos pertinentes, dependendo do país, existen servizos de asistencia xurídica gratuíta (Servizo de orientación xurídica, quenda de oficio e asistencia a detidos) para os cidadáns que carecen de medios económicos para pagar os honorarios dun avogado.

Diversos colectivos profesionais prestan servizos próximos aos dos avogados, especializados no asesoramento ou na xestión de cuestións ou en materias moi concretas. O único profesional habilitado para o trámite completo dunha cuestión xudicial é o avogado.

Dentro da profesión de avogados, as especialidades máis habituais adoitan ser: dereito civil, de familia, penal, mercantil, laboral, administrativo, tributario, constitucional, ambiental e internacional privado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]