Liña 4 do metro de Barcelona


A liña 4 ou liña amarela do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo na cidade de Barcelona. A pesar de inaugurarse o 1973 parte do seu trazado púxose en servizo en 1926 como ramal do Gran Metro (L3) entre Passeig de Gràcia e Jaume I. Os túneles foron construídos en 1908, sendo os máis antigos da rede de metro barcelonesa, cando se creou a Via Laietana.
O trazado da liña, que une Trinitat Nova e La Pau, é de dobre vía soterrada, os talleres e as cocheiras atópanse en Via Júlia e no Triángulo Ferroviario. Ten enlaces de servizo coa liña 5 en Maragall, coa liña 11 en Trinitat Nova, e coa liña 3 en Passeig de Gràcia, entre outros. Actualmente ten 17,3 quilómetros de lonxitude e vinte e dúas estacións.[1]

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.