Ácido piroleñoso
Ácido Piroleñoso | |
---|---|
Outros nomes Vinagre de madeira, extrato pirolenhoso, fume líquido | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido piroleñoso[1] ou pirolígneo[2] tamén chamado vinagre de madeira,[3] é un líquido producido durante a destilación en seco da madeira. Tamén é coñecido como "licor piroleñoso" e "extracto piroleñoso",[4] un produto milenario na cultura xaponesa, obtido a través da condensación do fume procedente da carbonización da madeira, durante a produción de carbón vexetal.[5]
Composición química
[editar | editar a fonte]Os seus compoñentes principais son o ácido acético, a acetona e o metanol. Utilizouse como fonte comercial de ácido acético.[6]
Obtención
[editar | editar a fonte]Para a obtención do extracto pirolenhoso pode utilizarse desde o eucalipto (Eucalyptus sp), o bambú (Bambusa vulgaris var. vittata, B. vulgaris, B. tuldoides, Dendrocalamus giganteus e Guadua angustifolia) ou madeiras nativas, sendo preferíbeis especies procedentes de reforestamento, a captación da fume reduce os problemas de contaminación ambiental causados polas carboarías.
Pódese obter un sal neutralizando o ácido cunha lexivia obtida das cinzas da madeira queimada.
Historia e usos
[editar | editar a fonte]O ácido pirolígneo (acetum lignorum) foi investigado polo químico alemán Johann Rudolph Glauber.[6] Este ácido consumíase como substituto do vinagre. Tamén se aplicou topicamente para curar feridas, úlceras e outras doenzas.
En 1895, o ácido piroleñoso foi comercializado por primeira vez baixo a marca "Wright's Liquid Smoke", un produto de fume líquido saborizante e algúns dos efectos conservantes do afumado de madeira a carnes e verduras. A principios do século XXI, as preocupacións sobre os efectos canceríxenos dos compoñentes do fume da madeira reduciron a produción de alimentos moi afumados en favor de fumes máis lixeiros e de fume líquido para os alimentos.[6]
En agricultura ecolóxica é coñecido e utilizado como condicionador do solo, bioestimulante vexetal, indutor de enraizamento, repelente de insectos, tamén usado como potenciador de herbicidas diminuíndo o uso de produtos químicos, xa que ten acción dilatadora dos poros da planta e con iso a dosaxe do herbicida pode ser reducida á metade, contribuíndo coa diminución do uso de agroquímicos na agricultura convencional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "piroleñoso". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-26.
- ↑ O termo "pirolígneo" non aparece no DRAG nin no bUSCatermos, pero é común en portugués e castelán (ácido pirolígneo) e inglés (pyroligneous acid).
- ↑ Confróntese con "vinagre de Madeira", que é o vinagre obtido a partir de vinho de Madeira.
- ↑ "EXTRATO PIROLENHOSO - Saiba mais sobre o puro vinagre de madeira.". pt.linkedin.com (en inglés). Consultado o 2024-11-26.
- ↑ O extracto piroleñoso común no Xapón foi introducido para a para agricultura ecolóxica no Brasil por Shiro Miyasaka, cofundador no estado de São Paulo da Asociación de Produtores de Agricultura Natural.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Ácido piroleñoso _ AcademiaLab". academia-lab.com. Consultado o 2024-11-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Saigusa, A Complete of wood vinegar for agriculture, (2000), 2ª Edición, Editora Soo Ron Sha.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pyroligneous Acid Definition Page (USGS) (arquivado)
- AcidWorks
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |