Presidente de Timor Leste
Timor Leste tornouse independente de Portugal o 28 de novembro de 1975. Francisco Xavier do Amaral foi o seu primeiro presidente, pero gobernou soamente ata o 7 de decembro de 1975, día en que Indonesia invadiu o país.
Timor Leste permaneceu baixo a ocupación indonesia ata que o 30 de agosto de 1999 a súa poboación votou masivamente pola independencia nun referendo supervisado pola ONU. Debido ós ataques de milicias rebeldes que non aceptaron o resultado do referendo, a ONU mantivo o territorio baixo a súa administración ata o 20 de maio de 2002, cando o país novamente recuperou a independencia. Xanana Gusmão foi o seu primeiro presidente electo.
Presidentes de Timor Leste (2002 - presente)
[editar | editar a fonte]Segundo a constitución, o presidente é o xefe de estado de Timor Leste. É electo pola poboación para un período de 5 anos. Esta é unha lista dos presidentes do país desde 2002.
Presidente | Entrada | Saída | Primeiros Ministros |
---|---|---|---|
Kay Rala Xanana Gusmão | 20 de maio de 2002 | 20 de maio de 2007 | Mari Alkatiri (2002-2006) José Ramos Horta (2006-2007) |
José Ramos-Horta | 20 de maio de 2007 | 20 de maio de 2012 | Estanislau da Silva (2007) Xanana Gusmão (2007-2015) |
Vicente Guterres (interino) | 11 de febreiro de 2008 | 13 de febreiro de 2008 | Xanana Gusmão (2007-2015) |
Fernando de Araújo (interino) | 13 de febreiro de 2008 | 17 de abril de 2008 | Xanana Gusmão (2007-2015) |
Taur Matan Ruak | 20 de maio de 2012 | 20 de maio de 2017 | Xanana Gusmão (2007-2015) |
Francisco Guterres | 20 de maio de 2017 | 20 de maio de 2022 | Rui Maria de Araújo (2015-2017) |
José Ramos-Horta | 20 de maio de 2022 | presente | Taur Matan Ruak (2018-) |