Saltar ao contido

Lista Vermella da IUCN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lista vermella da UICN»)
Lista Vermella da IUCN
Tipobanco de dados biológicos e red list
Campo de traballowildlife conservation
Área de operaciónmundial
Data de fundación1964
Organización matrizUnión Internacional para a Conservación da Natureza
SedeReino Unido
PaísSuíza
Na rede
https://www.iucnredlist.org/
Facebook: 309566815767858 Twitter: IUCNRedList Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A lista vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, e organizada no ano 1964. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.

Pola súa solidez científica, a lista vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.

O obxectivo da lista vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así á comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A lista vermella actualízase cada 4 ou 5 anos.

Na versión 3.1 dos criterios e categorías da lista vermella, que é a utilizada actualmente, considera nove criterios estruturados da seguinte maneira,[1] desde maior a menor risco (as abreviaturas oficiais proveñen do nome orixinal en idioma inglés):

De maneira nominativa, as categorías VU, EN e CR integran o grupo de "especies ameazadas".
A lista incorpora tamén as categorías "non avaliada" (NE) para as especies que aínda non foron cualificadas, e "datos insuficientes" (DD) para as especies das que non se posúe suficiente información para unha cualificación rigorosa.[1]

Categorías outorgadas pola versión 3.1 da Lista vermella elaborada pola UICN.
  1. 1,0 1,1 UICN (2001): Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido: UICN. Dispoñíbel no sitio oficial da UICN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.