Saltar ao contido

Santiago TV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Localia Santiago»)
Santiago TV
Propiedade de La Región
País España España
Sede central Santiago de Compostela
Nome(s) anterior(es) Localia Santiago

Na rede
santiagotv.es

Santiago TV[1], coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.

  1. "Canles TDT Santiago de Compostela". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de novembro de 2010.