Lois (nome)
Aparencia
(Redirección desde «Luís»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lois.
Lois[1][2] é un nome propio masculino na súa variante en galego. A súa forma primitiva provén do fráncico (lingua xermánica da que descenden as linguas baixo francas), Hluot-wig ou Hlodowig (Hlod, 'ilustre, famoso, recoñecido'; wig, 'combate'), que quere dicir “Ilustre no combate” ou “Ilustre na batalla”. Polo mesmo, Lois é a forma moderna do nome Clodoveo do que derivan tamén Ludwig (alemán), Ludovico (italiano) e Louis (francés). É un nome moi estendido en Francia, e foi empregado por dezaoito dos seus reis.
En xaneiro de 2016 existían 885 varóns en Galicia co nome Lois.[3]
Variantes
[editar | editar a fonte]Luís é unha variante recoñecida deste nome.[4]
Equivalencias noutras linguas
[editar | editar a fonte]Lingua | Nome |
---|---|
Alemán | Ludwig |
Anglosaxón | Hloþwig |
Aragonés | Loís |
Asturiano | Lluis |
Bretón | Loeiz |
Catalán | Lluís |
Checo | Ludvík |
Chinés | 路易 (Lùyì) |
Croata | Luj |
Emiliano-Romañol | Lüìg' |
Eslovaco | Ľudovít |
Esloveno | Ludvik |
Esperanto | Ludoviko |
Éuscaro | Koldobika, Koldo |
Francés | Louis, Ludovic, Loïc, Clovis |
Grego | Λουδοβίκος (Ludovíkos) |
Hebreo | לואיס (Luis) |
Húngaro | Lajos |
Inglés | Louis ou Lewis |
Irlandés | Alaois, Alabhaois, Lughaidh, Savy |
Islandés | Loðvík |
Italiano | Ludovico, Luigi, Aloisio, Alvise, Gigi |
Latín | Ludovicus, Aloysius |
Letón | Lujs |
Lituano | Liudvikas |
Neerlandés | Lodewijk |
Occitano | Loís |
Polaco | Ludwik |
Portugués | Luís, Luiz, Aloísio, Aluísio, Ludovico |
Romanés | Ludovic |
Ruso | Людовик (Liudovík) |
Sueco, danés, noruegués | Ludvig |
Valenciano | Lluís, Ludovic, Lluiso, Uiso |
Xaponés | ルイス, (Ruisu) |
Xeorxiano | ხლოდვიგი Khlodvigi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ Lois Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. no índice onomástico de A Mesa pola Normalización Lingüística
- ↑ Nome Lois na Web do Intituto Nacional de Estatística
- ↑ "Lois". Guía de nomes galegos.