Willy Ledesma
Willy Ledesma | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luis Alfonso Ledesma Galán | ||
Nacemento | 23 de xaneiro de 1989 | ||
Lugar de nacemento | Torremejía | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Dianteiro centro | ||
Información de club | |||
Club actual | Lugo | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
CF Extremadura | |||
2008 | Rayo Vallecano | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2008 | CF Extremadura | 4 | (0) |
2008–2009 | Rayo Vallecano B | ||
2009–2011 | Betis C | 78 | (24) |
2010 | Betis B | 1 | (0) |
2011–2013 | Villanovense | 69 | (15) |
2013–2014 | Arroyo | 15 | (1) |
2014–2020 | Extremadura | 171 | (73) |
2020–2023 | Córdoba | 91 | (35) |
2023– | Lugo | 24 | (8) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de marzo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Luis Alfonso Ledesma Galán, coñecido como Willy Ledesma, nado en Torremejía (Badaxoz) o 23 de xaneiro de 1989, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Lugo, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na canteira do CF Extremadura, aos 17 anos debutou co primeiro equipo na Segunda División B, nun partido ante o Alcalá. En xaneiro de 2008 ingresou no equipo xuvenil do Rayo Vallecano.[1]
Despois de xogar no Rayo B fichou polo Real Betis, e militou nos equipos C e B do club. En agosto de 2011 fichou polo Villanovense, de Segunda B, no que xogou durante os seguintes dous anos. Na tempada 2013/14 xogou no Arroyo CP,[2] pasando o ano seguinte ao Estremadura UD, da Tercera División.[3] Na campaña 2015-16 anotou 32 goles liderando o ataque do equipo estremeño, que logrou o ascenso á Segunda B. Xogou no club de Almendralexo ata 2020, conseguindo un ascenso a Segunda e deixando o equipo como o seu máximo goleador histórico.[4]
En xaneiro de 2020 asinou contrato co Córdoba, da Segunda División B, co que conseguiu un novo ascenso na campaña 2021/22, desta vez á Primeira División RFEF.[5] En xuño de 2023 fichou polo Lugo, que viña de descender á Primeira División RFEF.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leiva, Juanma (9 de xaneiro de 2008). "El Rayo tiene casi atado a Willy, del Extremadura" (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "El Arroyo se refuerza con Willy (Villanovense) y Ezequiel (Linense)" (en castelán). 22 de xuño de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "Willy Ledesma regresa al Francisco de la Hera" (en castelán). 20 de xuño de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "Willy Ledesma: "El Extremadura es el equipo de mi vida"" (en castelán). 1 de marzo de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "Willy, nuevo jugador del Córdoba CF" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2024.
- ↑ "Willy Ledesma xa é oficialmente novo xogador do Lugo". Televisión de Galicia. 22 de xuño de 2023. Consultado o 13 de marzo de 2024.