Luis Carrera Pásaro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 ![]() Castro de Rei, España ![]() |
Morte | 8 de febreiro de 2014 ![]() Hospital do Meixoeiro, España ![]() |
Causa da morte | infarto ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Navarra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro, político ![]() |
Empregador | Caixanova (2000–2004) Caixa de Aforros Provincial de Ourense, director xeral (1989–1999) Caja de Extremadura (1982–1987) Banca Mas Sardá (1979–1982) Banco Hispano Americano (1971–1979) ![]() |
Familia | |
Pai | Lino Carrera Falcón ![]() |
![]() |
Luis Carrera Pásaro, nado en Castro de Rei en 1949 e finado en Vigo o 8 de febreiro de 2014, foi un economista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Lino Carrera Falcón e Manuela Pásaro Trashorras.
Carreira
[editar | editar a fonte]Licenciado en Económicas na Universidade Complutense de Madrid e diplomado en Alta Dirección de Empresas pola Universidade de Navarra. En 1971 empezou a traballar para o Banco Hispano Americano, no que foi destinado a oficinas en Madrid, Barcelona e A Coruña. En 1979 pasou á Banca Mas, e en 1982 á Caja de Ahorros de Extremadura, onde xa acadou un posto de subdirector da compañía. En 1987 deu o salto á empresa pública, e converteuse en presidente da Sociedad para el Desarrollo Industrial de Extremadura (o equivalente estremeño de Sodiga), cargo que ocupou ata 1989. Nese ano pasou a ser director xeral de Caixa Ourense, posición que ocupou ininterrompidamente ata a fusión desta caixa de aforros coas outras caixas do sur de Galicia. Así, en 1999 foi director xeral adxunto do grupo formado por Caixavigo e Caixa Ourense, e a partir de 2000, da marca xa coñecida como Caixanova. En 2004 abandonou o posto logo de filtrarse a súa posible fichaxe por Caja España,[1] aínda que esta fichaxe nunca se chegou a producir. Posteriormente dedicouse á consultoría en temas bancarios.
Partido Popular
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2009 anunciou o seu paso á política activa encabezando a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, se ben non era militante desa formación.[2] A comezos de febreiro, tan só un mes despois, foi apartado da carreira electoral logo de que se soubese que tiña débedas con Facenda.[3]
Finou no Hospital do Meixoeiro de Vigo o 8 de febreiro de 2014, logo de sufrir un infarto.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Gloria Corral Freire.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luis Carrera abandona Caixanova un mes después de aspirar a dirigir Caja España, ABC, 2/1/2004
- ↑ Luis Carrera Pásaro: ‘En el PP me encandilaron con un proyecto ilusionante y riguroso, y dije que sí’ Arquivado 01 de outubro de 2009 en Wayback Machine., La Región, 17/1/2009
- ↑ Feijoo retira de la lista al número uno por Ourense por irregularidades con Hacienda Arquivado 09/02/2009, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 5/2/2009
- ↑ "Muere Luis Carrera Pásaro, exdirector de Caixa Ourense". Faro de Vigo. 8/02/2014. Consultado o 16/04/2022.