Luis Javier Suárez
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (es) Luis Suárez ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (es) Luis Javier Suárez Charris ![]() 2 de decembro de 1997 ![]() Santa Marta, Colombia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 5 de outubro de 2015 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Colombia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Luis Javier Suárez Charris, coñecido como Luis Suárez, nado en Santa Marta o 2 de decembro de 1997, é un futbolista colombiano que xoga como dianteiro no Almería, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Leones, da súa Santa Marta natal, debutando co primeiro equipo na Primeira B o 5 de outubro de 2015 nunha derrota por 1-3 ante o América de Cali. Despois de oito partidos co primeiro equipo, o 1 de marzo de 2016 foi cedido ao Recreativo Granada, da Segunda División B.[1]
O 17 de xullo de 2017, despois de que os seus dereitos federativos fosen transferidos ao Watford, Suárez foi cedido ao Real Valladolid Promesas, tamén de Segunda B. No filial valisoletano foi o máximo goleador do equipo, con 11 goles. Para a tempada 2018/19 foi cedido ao Gimnàstic de Tarragona, co que debutou na Segunda División.[2]
Marcou o seu primeiro gol o 7 de outubro, logrando o un punto no empate a un gol ante o Cádiz. Foi de novo o máximo goleador do equipo, pero non puido evitar o descenso á Segunda B.
En xuño de 2019 saíu cedido ao Real Zaragoza, permanecendo así en Segunda. Rematou a tempada regular con 19 goles, sendo o segundo máximo goleador do campionato, so por detrás de Cristhian Stuani, pero non se lle permitiu xogar a promoción de ascenso, ao rematar a súa cesión.[3]
En outubro de 2020 regresou ao Granada, que pagou por el uns 10 millóns de libras.[4][5] Xogou dous anos co equipo na Primeira División, sumando un total de 15 goles.
O 18 de xullo de 2022, o Olympique de Marsella anunciou a súa fichaxe.[6] Con todo, o 5 de decembro, regresou a España e á súa máxima categoría tras acordar unha cesión ao Almería, cunha cláusula de compra obrigatoria se o club evitaba o descenso.[7]
Tras conseguir o obxectivo, asinou definitivamente polo Almería, aínda que non puido evitar o descenso na tempada 2023/24.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O 12 de novembro de 2020 debutou coa selección de Colombia ante o Uruguai.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luis Javier Suárez refuerza el filial del Granada" (en castelán). 1 de marzo de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "Luis J. Suárez, nou jugador grana" (en catalán). 9 de xullo de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "Watford leave Real Zaragoza furious by refusing to allow Luis Suarez to play in playoff matches" (en inglés). 31 de xullo de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "Luis Suárez, nuevo jugador del Granada CF por las próximas cinco temporadas" (en castelán). 2 de outubro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "Luis Suarez: Watford sell striker for £10m to Spanish side Granada". BBC (en inglés). 2 de outubro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "Communiqué officiel". om.fr (en francés). Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "Top-class Luis Suárez to reinforce UD Almería attacking options" (en inglés). 5 de decembro de 2022. Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- ↑ "¡Grande la Selección! Suárez se reencontró con su mamá 4 años después" (en castelán). 12 de novembro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2025.
- Nados en 1997
- Nados no departamento de Magdalena
- Futbolistas de Colombia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Granada CF B
- Xogadores do Real Valladolid B
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do Watford FC
- Xogadores do Olympique de Marsella
- Xogadores da selección de fútbol de Colombia