Luís Rial
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1942 Santiago de Compostela, España |
Morte | 7 de xaneiro de 2024 (81 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista radiofónico |
Luís Rial Suárez, nado en Santiago de Compostela o 4 de agosto de 1942 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 2024, foi un xornalista radiofónico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou traballando nos anos sesenta na Cadena SER, logo pasou á Radiocadena Española e en 1973 comezou a traballar como correspondente de Radio Nacional de España en Galicia, con sede en Santiago. Alí permaneceu ata 1985, cando pasou a integrar o cadro de traballadores da entón acaba de crear Radio Galega.
Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos magazines da fin de semana que se chamaba Galicia en festas, e que despois se converteu en programa de seu baixo o título Un día de radio. A partir de 2005 dirixiu e presentou o late show A hora golfa, en emisión de madrugada; ese foi o seu último programa ata que a dirección da radio decidiu improcedentemente a súa xubilación ao cumprir os 65 anos. Trala súa readmisión forzosa por mandato xudicial, presentou e dirixiu o programa de madrugada da Radio Galega, baixo o título de Pensando en ti, rótulo que popularizara Marcial Mouzo ata que foi destituído o 8 de xuño de 2012 logo de insultar os seus compañeiros de emisora en antena.[1]
Finou en Santiago de Compostela o 7 de xaneiro de 2024[2].
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premio de Xornalismo de Galicia (1988)
- Premio á Galeguidade (1987)
- Premio Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico (1999)
- Medalla de Bronce de Galicia (2003).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado e con tres fillos, foi propietario dun local de hostalería durante varias décadas na cidade vella de Santiago de Compostela, e que se chamaba 'La Radio'[3]. Tamén foi dirixente de diversos colectivos de hostaleiros, como a Unión Hostaleira Galega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Radio Galega destitúe a Luís Rial tras insultar gravemente os seus compañeiros", artigo en Praza Pública.
- ↑ Suárez, David (2024-01-07). "Hondo pesar en Santiago por el fallecimiento del histórico periodista Luis Rial". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-01-08.
- ↑ "Hondo pesar en Santiago por el fallecimiento del periodista radiofónico Luis Rial". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-07. Consultado o 2024-01-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Rial Suárez, Luis". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- García Sánchez, Javier (2010). La radio de Rial. A Coruña: Hércules. ISBN 978-84-92715-26-8.