Roca
Aparencia
(Redirección desde «Máquina de fiar»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Roca (homónimos).
Unha roca, máquina de fiar, torno de fiar ou fiadeira é un instrumento para fiar manualmente fibras téxtiles. Supuxo un avance na tecnoloxía dos tecidos desenvolvido na China ou na India entre os anos 500 e 1000 d.C.
A roca permite unha maior velocidade de fiado e produce un fío máis homoxéneo e resistente. Válese dunha roda accionada de diversas maneiras (movida en última instancia coa man ou co pé) que fai xirar o equivalente do fuso a moita velocidade e imprímelle unha torsión ao fío. Anteriormente á súa invención, a persoa que fiaba tiña que xuntar as fibras, facelas un nobelo e ademais transmitirlle ao tecido a torsión utilizando o fuso.
-
As fiandeiras de Velázquez.
-
Muller usando unha roca irlandesa, contra 1900.
-
Roca galega.
-
Sabela de Hungría fiando para os pobres nunha roca tipo castelo.
-
Muller nepalí usando unha roca chamada Charkha.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roca |