MBC Dinamo Moscova
Dinamo Moscova | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | МБК Динамо Москва |
Liga | RBSL |
Fundación | 1923 |
Historia | Dinamo Moscova (dende 1923) |
Cores | Branco, azul |
Presidente | Evgeny Gomelsky |
Adestrador | Nikolajs Mazurs |
Localización | |
Cidade | Moscova, Rusia |
Pavillón | Krylatskoe Sport Palace |
Capacidade | 5.000 |
Campionatos | |
Eurocup | 1 (2006) |
Liga URSS | 2 (1937, 1948) |
dynamobasket.com |
O MBC Dinamo Moscova (en ruso: МБК Динамо Москва) é un club profesional de baloncesto da cidade de Moscova, Rusia. Actualmente compite na PBL, a máxima competición do baloncesto ruso. Disputa os seus partidos como local no Complexo Deportivo Krylatskoe, cunha capacidade para 5.000 espectadores. O club foi fundado en 1923, aínda que por motivo económicos desapareceu en 1997. Finalmente foi refundado en 2001, chegando a gañar a ULEB Cup en 2006.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado en 1923, dentro da Unión Soviética, o Dinamo é un dos máis antigos clubs deportivos do país. O seu nome foi elixido porque Dínamo significa "poder en movemento". O club foi apoiado pola Dirección Política do Estado (GPU), un aparello policial da URSS. É por iso que o equipo sempre foi coñecido como o club da policía, mentres que o seu eterno rival da cidade, o CSKA Moscova era o club do Exército Vermello. Con todo, a conexión entre a policía e os deportistas do Dinamo é inexistente dende hai anos.
O Dinamo gañou rapidamente unha reputación fóra das fronteiras da Unión Soviética debido ao seu éxito nos principais deportes como fútbol, balonmán, hóckey xeo e, por suposto, o baloncesto. O Dinamo de Moscova de baloncesto gañou o Campionato da URSS en 1937 e 1948, chegando a disputar tamén a final en 1944 e 1990.
En 1997 o Dinamo Moscova desapareceu debido a problemas financeiros pese haber xogado por primeira vez na Euroliga. Non foi senón até 2001 cando o Dinamo reapareceu na escena do baloncesto ruso. O MBC Dinamo de Moscova foi refundado ese mesmo ano baixo o apoio da sociedade Dinamo e o seu presidente Vladimir Pronichev. No ano 2006 o club gañaría o seu primeiro título europeo, a ULEB Cup, tras vencer na final por 73–60 ao Aris BSA grego no Spiroudome de Charleroi (Bélxica).
Palmarés
[editar | editar a fonte]Estatal
[editar | editar a fonte]Europeo
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MBC Dinamo Moscova |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.