Saltar ao contido

Maikel Mesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maikel Mesa Piñero»)
Modelo:BiografíaMaikel Mesa
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2012 CD Laguna de Tenerife 69(20)
2013–2016   CA Osasuna
2015–2015 cesión   Racing de Ferrol 17(3)
2016–2017   Club Deportivo Mirandés
2017–2018 Gimnàstic de Tarragona
2018–2022   UD Las Palmas
2020–2020 cesión   Albacete Balompié
2022–2023   Albacete Balompié
2023–2024   Real Zaragoza
2024–   CD Tenerife

Maikel Mesa Piñero, nado en Santa Cruz de Tenerife o 4 de xuño de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Tenerife, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do Arenas e do Tenerife e na tempada 2010/11 debutou na Tercera División co CD Laguna.[1]

En xullo de 2012 fichou por Osasuna Promesas, da Segunda División B.[2] O 1 de xuño de 2013 debutou na Primeira División, substituíndo a Francisco Silva nun partido ante o Real Madrid.

O 30 de xaneiro de 2015 foi cedido ao Racing de Ferrol, de Segunda B. Trala fin da cesión regresou a Pamplona e ascendeu ao primeiro equipo, co que foi aparecendo con máis regularidade. Marcou o seu primeiro gol como profesional o 24 de xaneiro de 2016, nunha vitoria por 3-0 ante a UE Llagostera.[3]

Posteriormente pasou polas filas do Mirandés, o Gimnàstic de Tarragona, o Las Palmas, o Zaragoza e o Albacete, antes de regresar ao Tenerife en 2024.

  1. "Maikel Mesa: "El Tenerife tiene un problema con la base"". Ell Día (en castelán). 9 de novembro de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2025. 
  2. "Maikel: “Tengo muchas ganas de empezar este nuevo reto en mi vida”". Diario de Avisos (en castelán). 10 de xullo de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2025. 
  3. "Adiós a la mala racha local". Marca (en castelán). 24 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2025.