Manuel Camaño Fandiño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (64/65 anos) Cangas, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, activista |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Manuel Anxo Camaño Fandiño,[1] máis coñecido como Manolo Camaño, nado en Cangas en 1960,[2] é un sindicalista e activista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na segunda parte da década de 1990 foi voceiro da Asemblea de Mariñeiros en Loita d'O Morrazo,[3] organización que aglutinaba boa parte dos mariñeiros da bisbarra afectados polo conflito entre a UE e Marrocos sobre os dereitos da frota dos primeiros a faenar nos caladoiros saharauis. No marco destas protestas, Camaño foi encausado xunto con outros sindicalistas.[4]
En 1999 foi elixido secretario xeral do sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT), creado o ano anterior. Permaneceu no cargo ata o IV Congreso Nacional da CUT, celebrado no ano 2009[5].
Posteriormente ocupou diversos cargos organizativos no sindicato, sendo membro de Executiva Nacional[6] e responsable de Relacións Internacionais.[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.xunta.gal/guia-da-comunicacion?p_p_id=1_WAR_guiacomunicacionportlet&_1_WAR_guiacomunicacionportlet__spage=/portlet_action/guiacomunicacion_portlet/detalle%3FidOrganismo=1483&_1_WAR_guiacomunicacionportlet_idOrganismo=1483&langId=es_ES
- ↑ https://www.galiciaconfidencial.com/seccion/opinion/autor/967.html
- ↑ https://elpais.com/diario/1995/08/31/economia/809820004_850215.html
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2003/05/20/fiscal-pide-8-anos-tres-implicados-protestas-marineros-1995/0003_1691150.htm
- ↑ https://cutgaliza.org/ricardo-castro-novo-secretario-xeral-da-cut/
- ↑ https://cutgaliza.org/a-cut-renova-a-estrutura-e-os-cargos/
- ↑ https://cutgaliza.org/a-cut-renova-a-estrutura-e-os-cargos/