Manuel Bárcena Andrés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 Vigo, España |
Morte | 9 de abril de 1927 (49/50 anos) Cedeira, España |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, emprendedor |
Familia | |
Fillos | Manuel Bárcena Castro, Felipe Bárcena Castro |
Pai | Manuel Bárcena Franco |
Manuel Bárcena Andrés-García, II Conde de Torrecedeira, nado en Vigo en 1877 e finado en Cedeira o 9 de abril de 1927, foi un diplomático e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primoxénito do matrimonio entre Manuel Bárcena Franco, I Conde de Torrecedeira, e Dolores de Andrés-García López. Estudou en Londres. Foi consignatario de buques, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Celta de Vigo. Herdou o título nobiliario en 1908.[1] Foi promotor do parque las Cabañas.
Casou o 31 de agosto de 1904 en Santo André de Cedeira con Obdulia Castro Montenegro, filla de Felipe Castro e Amparo Montenegro Sierra. Deste matrimonio naceron doce fillos, catro mulleres e oito homes, entre os cales estaban Manuel Bárcena Castro III Conde de Torrecedeira e Felipe Bárcena Castro IV Conde de Torrecedeira.
Finou en Cedeira o 9 de abril de 1927 aos 49 anos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "De sociedad" ABC, 24/5/1908, p. 9 (en castelán).
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 10-4-1927, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 88–89. ISBN 978-84-8457-448-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Nuevos tiempos para la nobleza" Faro de Vigo, 22/4/2007 (en castelán).