Manuel Crestar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1900 Betanzos, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | debuxante |
Familia | |
Irmáns | Luisa Crestar |
Manuel Crestar Díaz, nado en Betanzos o 21 de decembro de 1900, foi un debuxante galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo emigrado uns anos en Cuba. Pertenceu á Irmandade da Fala de Betanzos. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1921. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no periódico Galicia Libre, voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladouse a Valencia en 1938, pertenceu á directiva da Agrupación de Gallegos Libertarios. Publicou os seus gravados e caricaturas en Galicia, Alfar, El Pueblo Gallego, Galicia Gráfica e Céltiga. Pasou a Francia en 1939 e alí se perde a súa pista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 84. ISBN 84-87783-79-1.