Manuel Moscoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1947 Arzúa, España |
Morte | 18 de xullo de 2023 (75 anos) Arzúa, España |
Alcalde de Arzúa | |
1989 – 2003 ← Jesús García Vázquez – Xaquín García Couso → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Moscoso López, chamado Manolete[1], nado en Arzúa o 21 de setembro de 1947 e finado na mesma vila o 18 de xullo de 2023,[2] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nas listas do PPdeG ás eleccións municipais de 1983 e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro. Logo da renuncia do alcalde Jesús García Vázquez por motivos profesionais en xaneiro de 1989 foi elixido alcalde de Arzúa.[3] Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou no cargo ata 2003 sempre con maioría absoluta. En 2003 obtivo de novo a vitoria, pero foi insuficiente e o pacto de BNG e PSdeG levou o nacionalista García Couso á alcaldía. Moscoso continuou como concelleiro[4] catro anos máis ata 2007, cando se retirou da vida política.
Tamén foi deputado provincial polo PPdeG[5].
Predecesor: Jesús García Vázquez |
Alcalde de Arzúa 1989 - 2003 |
Sucesor: Xaquín García Couso |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Necrolóxica de Manuel Moscoso López". amp.esquelas.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-19.
- ↑ Redacción (18 de xullo de 2023). "Fallece Manuel Moscoso, alcalde de Arzúa durante 14 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2023.
- ↑ La Voz de Galicia, 29-1-1989, p. 27.
- ↑ "Noriega aspira a la alcaldía de Teo y Moscoso no repetirá en Arzúa". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2023-07-19.
- ↑ "Fallece Manuel Moscoso, alcalde de Arzúa durante 14 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-07-18. Consultado o 2023-07-19.