Saltar ao contido

Manuel Trobo Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Trobo Rivera
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor en Wikidata
Galdo, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Manuel Pedro Trobo Rivera, nado en Galdo (Viveiro) en 1910 e finado no mesmo concello o 13 de xaneiro de 1946, foi un falanxista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Trobo Pardo. Estudou o bacharelato en Lugo. Foi fundador de Falange Española de Viveiro.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe de Falange de Viveiro e participou na represión. Despois foi industrial dedicado ao transporte de peixe.[2][3] Foi executado pola guerrilla o 13 de xaneiro de 1946, nunha acción na que participaron Evaristo Candelas e Leonardo Gómez Pérez.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ángela Miranda Miranda.

  1. Rodríguez, Lucía (27 de decembro de 2017). "O terror en Lugo ten nomes". nosdiario.gal. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  2. El Progreso, 11-8-1942, p. 2.
  3. El Progreso, 3-7-1943, p. 2.
  4. Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. p. 159. ISBN 84-87783-79-1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]