María Chivite
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1978 (46 anos) Cintruénigo, España |
Presidencia do Goberno de Navarra | |
6 de agosto de 2019 – ← Uxue Barkos Berruezo | |
Deputada do Parlamento de Navarra | |
19 de xuño de 2019 – 27 de maio de 2023 Lexislatura: X lexislatura de Navarra | |
Deputada do Parlamento de Navarra | |
17 de xuño de 2015 – 18 de xuño de 2019 Lexislatura: IX lexislatura de Navarra | |
Senadora de España | |
13 de decembro de 2011 – 16 de xuño de 2015 | |
Deputada do Parlamento de Navarra | |
13 de xuño de 2007 – 14 de maio de 2011 Lexislatura: VII lexislatura de Navarra | |
Councilor of Cintruénigo City Council (en) | |
2003 – 2007 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Pública de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Partido Socialista de Navarra |
Familia | |
Parentes | Carlos Chivite, second niece |
María Victoria Chivite Navascués, nada en Cintruénigo[1] o 5 de xuño de 1978, é unha política navarra, presidenta do Goberno de Navarra desde agosto de 2019. É secretaria xeral do Partido Socialista de Navarra (PSN-PSOE) desde decembro de 2014 e membro do Parlamento de Navarra desde xuño de 2015. Foi senadora do PSOE por Navarra de 2011 a 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Socioloxía pola Universidade Pública de Navarra e fixo un mestrado en Organización e Recursos Humanos na escola de negocios Foro Europeo, Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais e un posgrao en Campañas electorais en ICADE.[2]
Afiliouse ao PSN-PSOE con 20 anos e comezou a súa traxectoria política nas Juventudes Socialistas, pertencendo á executiva entre 2001 e 2005.[2] De 2005 a 2007 realizou diversos traballos relacionados coa súa formación para a Unión Xeral do Traballo.[3] De 2003 a 2007 foi concelleira no concello de Cintruénigo, e de 2011 a 2013 de Valle de Egüés.[1] Participou nas eleccións autonómicas nas listas do PSN-PSOE e ocupou un escano no Parlamento de Navarra na VII lexislatura (2007-2011), onde foi portavoz de Saúde. Tamén formou parte da VIII lexislatura (2011-2012).
En novembro de 2011 foi elixida senadora por Navarra, asumindo a portavocía da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais. Nas primarias do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) celebradas en xuño de 2014 apoiou a Eduardo Madina,[2] e en setembro de 2014 Pedro Sánchez, xa na secretaría xeral do PSOE, confioulle a portavocía do grupo socialista no Senado,[4] cargo que ocupou até xuño de 2015.[5]
En 2012 incorporouse á executiva do PSN-PSOE, na que foi secretaria da Área de Políticas Sociais e secretaria de Saúde. En outubro de 2014 foi elixida candidata á presidencia do Goberno de Navarra nun proceso de primarias,[6] e en decembro foi proclamada secretaria xeral do PSN-PSOE no congreso extraordinario.[7]
En maio de 2018 foi proclamada candidata á presidencia do Goberno de Navarra no contexto da celebración das eleccións ao Parlamento de Navarra de maio de 2019 tras concorrer en solitario a un proceso de primarias.[8] O 2 de agosto de 2019 foi elixida presidenta por maioría simple cos votos de PSN-PSOE (11), Geroa Bai (9), Podemos (2) e Izquierda-Ezkerra (1) e a abstención de cinco dos sete diputados de EH Bildu.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "María Chivite Navascués". www.psn-psoe.org. Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Sánchez ficha María Chivite, una chica de Madina para ser la portavoz del Senado". La Información. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ Aritz Intxusta (31 de xullo de 2019). "EH Bildu ha sellado el futuro de una aspirante sin pasado fuera del PSOE". Gara.
- ↑ José Luis Sastre (8 de setembro de 2014). "María Chivite será la portavoz del PSOE en el Senado". Cadena SER. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 19 de outubro de 2019.
- ↑ "Ficha del Senado". www.senado.es. Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ "María Chivite gana las primarias del PSOE en Navarra con el 58% de los votos". elDiario.es. 19 de outubro de 2014.
- ↑ "María Chivite, proclamada secretaria general del PSN". Deia. 13 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2019.
- ↑ "María Chivite es proclamada oficialmente candidata del PSN a la presidencia del Gobierno de Navarra". Europa Press. 5 de maio de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ Ramón Sola; Ibai Azparren (2 de agosto de 2019). "María Chivite (PSN) ya es presidenta de Nafarroa con la abstención de EH Bildu". Naiz.