María José Ulla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María José Ulla Madroñero 6 de xuño de 1945 A Coruña, España |
Morte | 30 de xaneiro de 2022 (76 anos) Madrid, España |
Altura | 175 cm |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | modelo, cantante, empresaria |
Familia | |
Cónxuxe | José Antonio Plaza |
María José Ulla Madroñero, nada na Coruña o 6 de xuño de 1945 e finada en Madrid o 30 de xaneiro de 2022, foi unha modelo, Miss España (1964)[1] e empresaria galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai era de Consuegra (Toledo). Foi elixida Miss España en 1964 en Madrid. O evento, que contou con vinte e dúas participantes, celebrouse no Teatro Cervantes de Málaga o 9 de maio de 1964. Entre os organizadores do evento estaba o seu futuro esposo, o xornalista José Antonio Plaza, con quen casou cinco anos despois. Tiveron unha filla chamada Carmen.
Participou nas seleccións de Miss Mundo (Londres, 14 de novembro de 1964) onde conseguiu ser Top 15 e Miss Universo (Miami Beach, 1 de agosto de 1964), onde non conseguiu clasificarse.[3] Posteriormente dedicouse á música[4], sendo unha das fundadoras do primeiro conxunto músico vocal feminino de España, "Las chic", xunto a Ángela Escribano, Isabel Anger e a dinamarquesa Doris Ken.[5] Foi tamén unha empresaria de éxito no sector audiovisual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María José Ulla Miss España 1964" (PDF). Triunfo (103) (Madrid). 23 de maio de 1964. pp. 42–43. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ Redacción (31 de xaneiro de 2022). "Fallece en Madrid María José Ulla, que fue miss España en 1964". El Correo Gallego (A Coruña). Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ Redacción (15 de xullo de 2017). "Historia Miss España (Años 60)". Thetruebeauty. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ Redacción (31 de xaneiro de 2022). "Muere María José Ulla, Miss España 1964". Semana (Madrid). Consultado o 1 de febreiro de 2022.
- ↑ "Las Chic". La Fonoteca. 2022. Consultado o 16 de febreiro de 2022.