Saltar ao contido

Luisa Pierres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Luisa Pierres López»)
Modelo:BiografíaMaría Luisa Pierres
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Manuel Pierres Martínez Editar o valor en Wikidata

María Luisa Pierres López, nada en Pontevedra en 1976, é unha arquitecta e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de José Manuel Pierres Martínez e Maria Luisa López Paz. Ten dous fillos.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Bolseira da Fundación Caja de Arquitectos na modalidade de mellores expedientes académicos en Proxectos Arquitectónicos de toda España en 2001, o que lle permitiu traballar no estudio EMBT (Miralles Tagliabue) en Barcelona. Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña no 2005. Foi presidenta da Comisión de Cultura, tesoureira durante oito anos e secretaria da delegación en Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia ata maio de 2023.

Actualmente é secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

En 2013 fundou en Pontevedra xunto con África Rodríguez un espazo de coworking . Espacio Arroelo, para fomentar o emprendemento entre autónomos e pequenas pymes.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada polo PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, cargo que compatibilizou coa súa actividade profesional como arquitecta. Actuou como voceira de Igualdade, Vivenda e Urbanismo e ostentou o cargo de Vicepresidenta da Comisión de Igualdade do Parlamento de Galicia durante o último período da Lexislatura.

Voceira da Executiva Nacional do PSdeG desde decembro de 2021 ata finais de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]