Maria Vergés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Maria Vergés Pérez |
Síndico de Arán | |
29 de outubro de 2020 – ← Paco Boya | |
Membro do Consello Xeral de Arán | |
18 de xuño de 2019 – Circunscrición electoral: Castièro (en) | |
Actividade | |
Ocupación | política, música |
Partido político | Unitat d'Aran |
Maria Vergés Pérez, nada o 24 de maio de 1978,[Cómpre referencia] é unha tradutora e política aranesa, síndica de Arán dende o 29 de outubro de 2020.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou enxeñería técnica forestal na Universidade de Lleida. Entre 2004 e 2007 foi xerente da Asociación Española de Concellos de Montaña e de 2007 a 2011 foi directora de cultura e política lingüística do Consello Xeral de Arán. Nas eleccións municipais de 2011 foi como número 3 na candidatura de Unitat d'Aran no concello de Vielha e Mijaran e permaneceu como concelleira ata outubro de 2020[1]. Dende 2019 foi asemade vicesíndica primeira de Arán e conselleira de Cultura e Lingua e mais de Igualdade, Benestar e Saúde [2]e tras a designación de Paco Boya como secretario xeral para o Reto Demográfico polo goberno español converteuse na nova síndica de Arán o 29 de outubro de 2020[3].
Como tradutora en 2007 verteu ao aranés Solitud de Víctor Català[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unitat d’Aran y Convergéncia Aranesa a la greña por la renuncia de Paco Boya". Aran Notícies. 2 de novembro de 2020.
- ↑ "Maria Vergés serà era naua sindica d’Aran". Jornalet. 27 de outubro de 2020.
- ↑ "Maria Vergés, nova síndica de la Vall d’Aran". VilaWeb. 29 de outubro de 2020.
- ↑ Amador Marqués Autés (9 de decembro de 2007). "toda ua setmaneta". pensades.blogspot.com.