Marquesado de Figueroa
Aparencia
(Redirección desde «Marquesado dos Figueroa»)
Marquesado de Figueroa | |
---|---|
Primeiro titular | Baltasar Pardo de Figueroa y Sotomayor (Antes concedido ao seu pai, Baltasar Pardo de Figueroa y Guevara, por Real Decreto do 6 de maio de 1675) |
Concesión | Carlos II 10 de outubro de 1679 |
Liñaxes | • Pardo de Figueroa (con varonía Pardo de Cela e entronque Figueroa, por onde lles tocaba a Torre de Figueroa) • Caamaño (casa de Romelle) • Losada (señores de Friol e Pol) • Armada (liña menor da casa de Rivadulla) • Gil de Araujo (casa-torre de Barro) |
Actual titular | Juan Gil de Araujo y González de Careaga (XIV marqués desde 1982) |
O Marquesado de Figueroa[1] é un título nobiliario español outorgado polo Rei Carlos II de España o 10 de outubro de 1679. O primeiro titular foi Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior, II Marqués da Atalaia, Cabaleiro da Armada e gobernador xeneral de Tucumán. Recibe ese nome por seren propietarios da Torre de Figueroa, na parroquia de Figueroa, en Abegondo.
Marqueses de Figueroa
[editar | editar a fonte]Titular | Período | Datos | |
---|---|---|---|
Creación por Carlos II de España | |||
I | Baltasar Pardo de Figueroa Soutomaior | 1679-16? | Fillo de Baltasar Pardo de Figueroa e Lupidana (señor de Cela e Figueroa, Capitán de Galeras e Gobernador da Provincia de Tucumán) e de Juana de Soutomaior. Sucedeu tamén o seu irmán como II Marqués da Atalaia. Casou coa súa curmá Juana Pardo de Figueroa Prada. Sucedeuno o seu fillo. Herdaría as torres de Cela e Figueroa. |
II | Juan José Pardo de Figueroa | 16?-1733 | Tamén III Marqués da Atalaia, casou con Ana Gregoria Duque de Estrada. Sucedeuno o seu fillo. |
III | Baltasar Manuel Pardo de Figueroa y Duque de Estrada | 1733-1786 | Duque de Estrada, casado con Ana Jacoba Valladares, IV Vizcondesa de Fefiñáns. Sucedeuno o seu fillo. |
IV | Francisco Javier Pardo de Figueroa Valladares | 1786-17? | V Marqués da Atalaia e V Vizconde de Fefiñáns. Casou con María Josefa Sarmiento de Soutomaior e sucedeuno o seu fillo. |
V | Baltasar Pardo de Figueroa y Sarmiento | 17?-1808 | En 1785 herdou o Condado de Maceda, con Grandeza de España. Faleceu solteiro na Batalla de Medina de Rioseco á fronte do rexemento de Zaragoza e que lideraba. Sucedeuno en todos os seus títulos a súa irmá, malia ter dous fillos naturais. |
VI | Ramona Pardo de Figueroa y Sarmiento | 1808-1838 | Casada con Juan José Caamaño y Pardo, señor de Romelle e Reboráns, Xentilhome da Cámara do Rei. Sucedeuna en todos os seus títulos a súa filla. |
VII | Juana Pardo de Figueroa y Caamaño | 1838-1843 | Casada con Antonio Ramírez de Haro, Conde de Bornos, Grande de España. Non tiveron fillos e sucedeunos o seu curmán por parte materna. |
VIII | Francisco Javier de Losada y Pardo de Figueroa | 1843-1847 | Casado con Luisa Miranda Sebastián, VI Condesa de San Román e V Marquesa de Santa María del Villar. Sucedeuno o seu fillo primoxénito. |
IX | José de Losada y Miranda | 1847-1857 | XII Conde de Maceda, IX Marqués da Atalaia, VII Conde de San Román, VI Marqués de Santa María del Villar e IX Vizconde de Fefiñáns. Morreu solteiro, e sucedeuno o seu irmán. |
X | Baltasar de Losada y Miranda | 1857-1858 | Casou con María Luisa de Torres y Barrenechea. En 1858 Distribuíu entre as súas irmáns os títulos do Marqués de Figueroa, Marqués da Atalaia e o Marquesado de Santa María del Villar. Sucedeuno a súa irmá. |
XI | María Ramona de Losada y Miranda | 1858-1880 | Casada con Juan Armada Valdés. Sucedeuna o seu fillo. |
XII | Juan Armada Losada | 1880-1932 | Ministro en varios Gobernos. Casou con María Balbanera Izquierdo y Zárate, mais non tiveron descendencia. Sucedeuno o seu sobriño, fillo da súa irmá Joaquina, que estaba casada con Miguel Gil de Araujo Casares. |
XIII | Juan Gil de Araujo Armada | 1935-1982 | Alcalde de Santiago de Compostela, casou con Pilar González de Careaga Fontecha. Sucedeuno o seu fillo. |
XIV | Juan Gil de Araujo González de Careaga | 1982-actual titular | Casado con María Victoria de Simón. Actual Marqués de Figueroa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bugallal y Vela, Jaime: Artigo "Figueroa, Marquesado de" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |