Mercedes Brea López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de las Mercedes Brea López 31 de maio de 1950 (74 anos) A Estrada, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Membro de | |
María de las Mercedes Brea López, nada na Estrada o 31 de maio de 1950,[1] é unha filóloga galega da área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1972 licenciouse en Filosofía e Letras (sección de filoloxía románica) pola Universidade de Santiago de Compostela, acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En 1973 comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na Universidade de Granada,[1] converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En 2000 foi elixida decana da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi Directora do Servizo de Publicacións e Vicerreitora de Profesorado na USC.
Ademais dirixe a Escola de Doutoramento en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e coordina o grupo de investigación GI-1350 da USC, ademais da Rede de estudos medievais interdisciplinares que subvenciona a Xunta de Galicia.[2]
É colaboradora de revistas coma Verba, Grial, Revista Galega do Ensino ou Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.
Obra
[editar | editar a fonte]- Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica (1996).
- Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas (1998)
- A cantiga de amigo (1998, co-autoría con Pilar Lorenzo)
- Cantigas do Mar de Vigo. Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martín Códax (1998; coordinadora)
- "As cantigas da Ría de Vigo", en Cantigas do Mar. Homenaxe a Johan de Cangas, Mendinho e Martín Códax (1998)
- "E verra i, mia madre, o meu amigo", en Día das Letras Galegas 1998. Martín Códax, Mendiño e Johán de Cangas (1998)
- "Os santuarios á beira do mar", en Johán de Cangas, Martín Códax, Meendinho. 1200-1350, lírica medieval (1998)
- "As cantigas de Santa María", en Proxecto Galicia (2000)
- "D. Xosé Filgueira Valverde e as Cantigas de Santa María", no Memorial Filgueira Valverde. Estudios sobre lírica medieval galego-portuguesa (2002).
- "D. Xosé Filgueira Valverde e a lírica galego-portuguesa" en Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia,[3] Museo de Pontevedra (2007), ISBN 978-84-95632-34-0:
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Orde de 7 de novembro de 1983 BOE (en castelán).
- ↑ "María Mercedes Brea López. Área de Filoloxía Románica. GI-1350 Románicas". Consultado o 2019-08-26.
- ↑ "Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2014.