Saltar ao contido

Mestizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mestizos»)
Pintura dun home español, unha muller indíxena peruana e o seu fillo mestizo, 1770.

Mestizo[1] é un termo tradicionalmente empregado en España, Filipinas, partes de América Central (especialmente en Belize) e América do Sur que orixinalmente facía referencia a unha persoa descendente dun europeo e dun amerindio ou insular do Pacífico, sen ter en conta onde naceu o individuo. O termo foi empregado como unha categoría étnica e racial nun sistema de castes empregado polo Imperio Español durante a época de dominio das colonias en América. Hoxe en día, e particularmente en América do Sur, o termo adquiriu connotacións máis culturais, xa que a cultura dominante latinoamericana considerase como mestiza, independentemente da súa ascendencia real, e o termo "indio" está reservado exclusivamente para as persoas que mantiveron unha identidade étnica separada, coa súa propia lingua e afiliacións tribais. Por mor disto, a gran maioría dos latinoamericanos de fala hispana son considerados mestizos, aínda que debido a esta nova definición cultural, este termo non pode tomarse como un indicativo de ascendencia real.

Para previr confusión co uso orixinal do termo, os mestizos comezaron a ser chamados colectivamente como castas. Durante o período colonial, os mestizos convertéronse axiña no grupo maioritario da América hispánica e cando as colonias comezaron a acadar a independencia de España, os grupos mestizos fixéronse os dominantes. Nalgúns países de América Latina, como en México, o concepto de "mestizo" foi fundamental para a formación da nova identidade independente que non era nin totalmente española nin totalmente indíxena, e a palabra mestizo adquire o seu significado actual, que é empregado polo goberno para referirse a tódolos mexicanos que non falan linguas indíxenas,[2][3] incluíndo xente de ascendencia totalmente europea e indíxena, ou mesmo asiáticos e africanos.[4][5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mestizo.
  2. "no censo de 1930 o goberno mexicano deixou de clasificar á poboación do país en tres categorías raciais, branco, mestizo e indíxena, e adoptou unha nova clasificación étnica que distinguía ós falantes de linguas indíxenas do resto da poboación, é dicir, dos falantes de español.". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  3. Bartolomé, Miguel Alberto (1996). "Pluralismo cultural y redefinicion del estado en México". Coloquio sobre derechos indígenas. Oaxaca: IOC. p. 5. ISBN 968-6951-31-8. 
  4. Knight, Alan (1990). "Racism, Revolution and indigenismo: Mexico 1910–1940". En Graham, Richard. The Idea of Race in Latin America, 1870–1940. Austin: University of Texas Press. pp. 71–113 [p. 73]. ISBN 0-292-73856-0. 
  5. "Al respecto no debe olvidarse que en estos países buena parte de las personas consideradas biológicamente blancas son mestizas en el aspecto cultural, el que aquí nos interesa (p. 196)" (PDF). Redalyc.org. 16 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]