2'-O-metilación
Aparencia
(Redirección desde «Metilación 2'-O»)
A 2'-O-metilación é unha modificación de nucleósidos común que se dá no ARN, na cal se engade un grupo metilo ao grupo hidroxilo en posición 2' do azucre ribosa dun nucleósido. Os nucleósidos 2'-O-metilatdos encóntranse principalmente no ARN ribosómico e no ARN nuclear pequeno e aparecen nas rexións funcionalmente esenciais do ribosoma e o espliceosoma.[1] Ademais, a 2'-O-metilación da adenosina no ARN impide que o encima adenosina desaminase a modifique converténdoa en inosina.[2]
Recentemente publicouse un novo método para mapar as 2'-O-metilacións de ribosa por secuenciación de alto rendemento.[3] O método é cuantitativo e pode mapar todas as modificacións nun só experimento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kiss T (2001). "Small nucleolar RNA-guided post-transcriptional modification of cellular RNAs". EMBO J. 20 (14): 3617–3622. PMC 125535. PMID 11447102. doi:10.1093/emboj/20.14.3617.
- ↑ Beal PA, Maydanovych O, Pokharel S (2007). "The chemistry and biology of RNA editing by adenosine deaminases". Nucleic Acids Symposium Series 51 (1): 83–84. PMID 18029597. doi:10.1093/nass/nrm042.
- ↑ Birkedal U et. al. (2015). "Profiling of Ribose Methylations in RNA by High-Throughput Sequencing". Angew. Chem. Int. Ed. 54 (2): 451–455. PMID 25417815. doi:10.1002/anie.201408362.