Miador cincento
Miador cincento Rango fósil: 0,129 Ma-0 Ma Plistoceno tardío-Holoceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Adulto en Brooklyn, Nova York, EUA | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Mapa de distribución aproximada
Reprodutores Migración Todo o ano Non reprodutores | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Genus: |

O miador cincento ou miador cinsento[2] (Dumetella carolinensis) é unha ave paseriforme de medio tamaño de América do Norte e Central da familia dos mímidos. É o único membro do xénero Dumetella. Igual que outras especies de miadores, como Melanoptila glabrirostris, encóntrase entre as liñaxes máis basais dos Mimidae, probablemente é un parente máis próximo da ensamblaxe dos Allenia, Margarops, Ramphocinclus e Cinclocerthia do Caribe que dos Mimus, Melanotis e Toxostoma.[3][4][5] O seu nome de miador (ou, noutras linguas, paxaro gato) débese ás súas vocalizacións parecidas ao miar dun gato.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O nome Dumetella está baseado no termo latino dūmus ("mato espiñento");[6] e significa aproximadamente "pequeno morador dos arbustos espiñentos" ou "pequena ave dos arbustos espiñentos". Refírese ao hábito da especie de cantar cando está agochado na broza. O epíteto específico carolinensis significa "das Carolinas".[7]
A especie foi descrita primeiramente por Carl Linné na súa edición de 1776 de Systema naturae. O seu nome orixinal era Muscicapa carolinensis porque daquela se cría que era algún tipo de papamoscas do Vello Mundo (seguramente debido á súa coloración monótona, non similar á máis rechamante dos outros mímidos).[8]
O nome do xénero tivo unha complicada historia na nomenclatura. O xénero monotípico Galeoscoptes, proposto para el por Jean Cabanis en 1850, foi amplamente usado ata 1907. Pero resultou que Dumetella era un sinónimo sénior tecnicamente aceptable, mesmo tendo en conta as peculiares circunstancias da súa publicación que deixaron a identidade do seu autor sen coñecer ata 1989. Finalmente, C.T. Wood publicou o nome do xénero en 1837. A súa descrición é algo estraña, e foi publicado baixo o seu pseudónimo "S.D.W.". Wood citou mal a súa fonte —a obra de John Latham de 1783 General Synopsis of Birds— chamándolle en inglés "cat thrush" (tordo gato), probablemente porque coñecía a especie co nome que lle puxera George Shaw en General Zoology. O nome de Latham era "cat flycatcher" (papamoscas gato), análogo ao nome científico de Linné.[6][8][9]
Shaw (e seguidmente C.T. Wood) usou o nome específico de Louis Pierre Vieillot felivox. Isto significa "voz de gato", unha contracción do latín felis ("gato") e vox ("voz"). Vieillot, a diferenza dos autores anteriores, cría que o paxaro era un verdadeiro tordo (Turdus).[6][10]
Aínda que os mímidos foron considerados por moitos como Turdidae ata a década de 1850, isto non era máis correcto que tratalos como papamoscas do Vello Mundo, xa que estas familias son liñaxes afastadas da superfamilia Muscicapoidea. Na metade do século XX, os Turdidae e incluso a maioría dos Sylvioidea foron incluídos nos Muscicapidae, pero os Mimidae non.
Posteriormente, os miadores máis pequenos de Bermuda, que teñen plumas rectrices e rémixes primarias proporcionalmente máis estreitas, foron decritos como a subespecie bermudianus ("de Bermuda") por Outram Bangs en 1901. Pero este taxon nunca foi aceptado amplamente, e hoxe o miador cincento é xeralmente considerado monotípico.
Descrición
[editar | editar a fonte]O peso dos adultos é de 23,2 a 56,5 g, cunha media de 35 a 40 g[10][11] A súa loxitude vai de 20,5 a 24 cm e a envergadura alar é de 22 a 30 cm.[11] Entre as medidas estándar, a corda alar é de 8,4-9,8 cm, a cola é de 7,2-10,3 cm, o culme é de 1,5-1,8 cm e o tarso é de 2,7-2,9 cm.[12] Os miadores cincentos son de cor gris chumbo liso en practicamente todo o corpo. A parte superior da cabeza é máis escura. A parte inferior das cobertoiras da cola é de cor enferruxada, e as rémixes e rectrices son negras, algunhas con beiras brancas. O bico delgado, os ollos e as patas e pés son tamén anegradas. Os machos e femias non se poden distinguir polo seu aspecto; os diferentes comportamentos na estación reprodutora adoitan ser a única pista para o observador. Os xoves son incluso máis lisos en coloración, con cobertoiras de debaixo da cola beixes.
Vocalizacións
[editar | editar a fonte]Esta especie recibe o seu nome pola súa vocalización similar ao miar dos gatos. Como moitos membros dos Mimidae (en particular os Mimus), tamén imita sons doutras aves ou de ras ou mesmo sons mecánicos.[Cómpre referencia] Debido á súa ben desenvolvida sirinxe, pode facer dous sons ao mesmo tempo. A chamada de alarma lembra as chamadas tranquilas dun lavanco real macho.
A canción do miador cincento distínguese doadamente do Mimus polyglottos ou do Toxostoma rufum porque o Mimus repite as súas frases ou "estrofas" tres ou catro veces, e o Toxostoma xeralmente dúas veces, pero o miador canta a maioría das súas frases só unha vez. A canción do miador descríbese usualmente como máis áspera e menos musical que a dun Mimus.
En contraste con moitas aves canoras que elixen un pousadeiro prominente para cantar, o miador adoita elixir cantar desde dentro dun arbusto ou árbore pequena, onde está oculto pola follaxe.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É nativo da América do Norte temperada ao leste das Montañas Rochosas, migra ao sueste dos Estados Unidos, México, América Central e o Caribe en inverno; excepto aves vagantes ocasionais, sempre permanece ao leste da Cordillera Americana. Son vagantes extremadamente raros no oeste de Europa. Normalmente están presentes nos seus territorios de reprodución en maio, a maioría marchan para desprazarse aos seus cuarteis de inverno en setembro/outubro; parece ser que esta especie está ampliando a súa estadía na súa área de verán, e hoxe en día algúns permanecen ata a metade do inverno bastante ao norte, en Ohio.[8][13][14] O miador cincento é unha especie migratoria. A migración de primavera vai de marzo a maio, e en outono de finais de agosto a novembro.[15]
O miador tende a evitar os bosques densos ininterrompidos, e non habita en bosques de coníferas. Prefiren un substrato vexetal denso, especialmente se hai vexetación espiñenta.[15][16] As zonas arbustivas, beiras dos bosques, granxas descuidadas e hortas de árbores froiteiras abandonadas son xeralmente os sitios preferidos por este paxaro. En Bermuda, os seus hábitats preferidos son as zonas arbustivas e pantanos de mirtos.[16] Durante a estación invernal, o miador ten afinidade polos arbustos cheos de bagas, especialmente na proximidade de fontes de auga.[15]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Reprodución
[editar | editar a fonte]O seu hábitat reprodutivo son as áreas semiabertas con mato baixo denso; tamén se atopan en áreas urbanas, semiurbanas e rurais. Nos meses de inverno permanecen aínda máis asociados cos humanos.[17] Estes paxaros forraxean principalmente no chan entre as follas caídas, mais tamén en arbustos e árbores. Principalmente comen artrópodos e bagas. Nos meses de inverno as Cymbopetalum mayanum (Annonaceae) e Trophis racemosa (Moraceae) están cargadas de froitos que gostan a esta especie, e tales árbores poden plantarse para atraer o miador cincento en parques e xardíns.[17]
Constrúen un niño cupuliforme voluminoso nun arbusto ou árbore, preto do chan. Os ovos son azuis claros e o tamaño da posta é de 1–5, o máis común son 2–3 ovos. Ambos os proxenitores fan quendas para alimentar as crías.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Son omnívoros,[18] e aproximadamente o 50 % da súa dieta son froitos e bagas. Tenden a peteirar máis froita da que poden comer. Tamén comen larvas de escaravellos da fariña, miñocas de terra, escaravellos, e outros insectos. En verán, comen principalmente formigas, escaravellos, saltóns, eirugas e avelaíñas. Tamén comen bagas, cereixas, bagas de sabugueiro, hedra velenosa, loureiro e amoras. Tamén adoitan peteirar os ovos doutras especies de aves, pero non se sabe se fan isto para suplementar a súa dieta ou para reducir a competición pola comida doutras aves.[19]
Predación e ameazas
[editar | editar a fonte]O miador cincento pode ser atraído polos sons "psssh psssh psssh".[10] Non temen os predadores e respóndenlles agresivamente batendo as súas ás e movendo a cola facendo o seu característico miar. Tamén se sabe que incluso atacan e peteiran os predadores que se achegan demasiado aos seus niños. Tamén destrúen o bico os ovos postos por aves que realizan parasitismo de posta como o Molothrus ater.
Esta especie está moi espallada e xeralmente é abundante, aínda que os seus hábitos discretos fan que pareza menos común do que é. A IUCN non a considera ameazada debido á súa grande área de distribución e número.[1][10]
Porén, en Bermuda os miadores cincentos eran antes moi comúns, pero a súa cantidade reduciuse moito nos últimos anos pola deforestación e predación dos niños por especies introducidas (como o Pitangus sulphuratus e o estorniño pinto Sturnus vulgaris). Nos Estados Unidos esta especie goza de protección legal pola Lei do Tratado de Aves Migratorias de 1918.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Facendo a súa chamada en Naperville Riverwalk, Illinois.
-
Adulto "miando" como un gato en Wildwood Preserve Metropark, Ohio.
-
Nunha maceira silvestre en Nova York.
-
Niño e ovo nun arbusto de cedro a 1,2 m sobre o chan.
-
En Belize.
-
Alimentándose nunha anona (Annona reticulata).
-
Elaborada vocalización distinta da dos gatos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016). "Dumetella carolinensis" 2016: e.T22711013A94272855. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22711013A94272855.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Hunt, Jeffrey S.; Bermingham, Eldredge; Ricklefs, Robert E. (2001). "Molecular systematics and biogeography of Antillean thrashers, tremblers, and mockingbirds (Aves: Mimidae)" (PDF). Auk 118 (1): 35–55. doi:10.1642/0004-8038(2001)118[0035:MSABOA]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-02-27. Consultado o 2009-11-05.
- ↑ Barber, Brian R.; Martínez-Gómez, Juan E.; Peterson, A. Townsend (2004). "Systematic position of the Socorro mockingbird Mimodes graysoni" (PDF). J. Avian Biol. 35 (3): 195–198. doi:10.1111/j.0908-8857.2004.03233.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2008-09-07.
- ↑ Gray Catbird, BirdNature.com
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Glare, P.G.W. (ed.) (1968–1982): Oxford Latin Dictionary (1ª ed.). Oxford University Press, Oxford. ISBN 0-19-864224-5
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 92. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Olson, Storrs L. (1989). "The Original Description and Author of the Genus Dumetella (Mimidae)" (PDF). Wilson Bulletin 101 (4): 633–637.
- ↑ Woodhouse, S.C. (1910): English-Greek Dictionary – A Vocabulary of the Attic Language. George Routledge & Sons Ltd., Broadway House, Ludgate Hill, E.C.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Olson, Storrs L.; James, Helen F.; Meister, Charles A. (1981). "Winter field notes and specimen weights of Cayman Island Birds" (PDF). Bull. B.O.C. 101 (3): 339–346. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-02-27. Consultado o 2009-11-05.
- ↑ 11,0 11,1 Gray catbird. The Cornell Lab of Ornithology. allaboutbirds.org
- ↑ Wrens, Dippers, and Thrashers: A Guide to the Wrens, Dippers, and Thrashers of the World by David Brewer & Sean McMinn. Yale University Press (2001). ISBN 978-0300090598.
- ↑ Henninger, W.F. (1906). "A preliminary list of the birds of Seneca County, Ohio" (PDF). Wilson Bulletin 18 (2): 47–60.
- ↑ Ohio Ornithological Society (2004): Annotated Ohio state checklist Arquivado 2004-07-18 en Wayback Machine.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Dunne, Pete (2006). Pete Dunne's Essential Field Guide Companion: A Comprehensive Resource for Identifying North American Birds. Houghton Mifflin Harcourt. pp. 506–7. ISBN 978-0300090598. Consultado o 19 de maio de 2014.
- ↑ 16,0 16,1 Brewer, David (2001). Wrens, Dippers, and Thrashers. Yale University Press. pp. 89–91. ISBN 978-0300090598. Consultado o 19 de maio de 2014.
- ↑ 17,0 17,1 Foster, Mercedes S. (2007). "The potential of fruiting trees to enhance converted habitats for migrating birds in southern Mexico". Bird Conservation International 17 (1): 45–61. Bibcode:2007BirCI..17...45F. doi:10.1017/S0959270906000554.
- ↑ "Dumetella carolinensis". www.fs.usda.gov. Consultado o 2024-03-01.
- ↑ "Gray catbird". Smithsonian's National Zoo (en inglés). 2023-02-10. Consultado o 2023-05-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miador cincento ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Miador cincento |
- Texto sobre o miador cincento – Cornell Lab of Ornithology
- Explore Species: Gray Catbird en eBird (Cornell Lab of Ornithology)
- Miador cincento – Dumetella carolinensis – USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Bermuda Online: Fauna de Bermuda.
- Catbird at BirdHouses101.com
- Life Histories of Familiar North American Birds: Gray Catbird.
- Galería de fotos de Miador cincento en VIREO (Universidade de Drexel)
- Sons do miador cincento no Museo de Historia Natural da Florida
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Cimprich, D. A., and F. R. Moore. 1995. Gray Catbird (Dumetella carolinensis). In The Birds of North America, No. 167 (A. Poole and F. Gill, eds.). The Academy of Natural Sciences, Philadelphia, and The American Ornithologists’ Union, Washington, D.C.
Artigos
[editar | editar a fonte]- Belles-Isles JC & Picman J. (1986). Destruction of Heterospecific Eggs by the Gray Catbird. Wilson Bulletin. vol 98, no 4. pp. 603–605.
- Boughey MJ & Thompson NS. (1976). Species Specificity and Individual Variation in the Songs of the Brown Thrasher Toxostoma-Rufum and Catbird Dumetella-Carolinensis. Behaviour. vol 57, no 1-2. pp. 64–90.
- Cimprich DA & Moore FR. (2006). Fat affects predator-avoidance behavior in gray catbirds (Dumetella carolinensis) during migratory stopover. Auk. vol 123, no 4. pp. 1069–1076.
- Dolby AS, Clarkson CE, Haas ET, Miller JK, Havens LE & Cox BK. (2005). Do song-phrase production rate and song versatility honestly communicate male parental quality in the Gray Catbird?. Journal of Field Ornithology. vol 76, no 3. pp. 287–292.
- Eddins ME & Rogers DT, Jr. (1992). Autumnal migration of the gray catbird through coastal Alabama. Journal of Field Ornithology. vol 63, no 4. pp. 401–407.
- Garvin MC, Basbaum JP, Ducore RM & Bell KE. (2003). Patterns of Haemoproteus beckeri parasitism in the gray catbird (Dumatella carolinensis) during the breeding season. Journal of Wildlife Diseases. vol 39, no 3. pp. 582–587.
- Garvin MC, Scheidler LC, Cantor DG & Bell KE. (2004). Abundance and temporal distribution of Ornithonyssus sylviarum Canestrini and Fanzago (Acarina: Mesostigmata) in gray catbird (Dumatella carolinensis) nests. Journal of Vector Ecology. vol 29, no 1. pp. 62–65.
- Hauber ME. (1998). Single-egg removal from an artificial nest by the gray catbird. Wilson Bulletin. vol 110, no 3. pp. 426–429.
- Hazelton PK, Robel RJ & Dayton AD. (1984). Preferences and Influence of Paired Food Items on Energy Intake of American Robins Turdus-Migratorius and Gray Catbirds Dumetella-Carolinensis. Journal of Wildlife Management. vol 48, no 1. pp. 198–202.
- Johnson EJ & Best LB. (1982). Factors Affecting Feeding and Brooding of Gray Catbird Dumetella-Carolinensis Nestlings. Auk. vol 99, no 1. pp. 148–156.
- Lent RA. (1992). Variation in gray catbird nest morphology. Journal of Field Ornithology. vol 63, no 4. pp. 411–419.
- Long R. (1981). Catbird Dumetella-Carolinensis in the Channel Islands. British Birds. vol 74, no 12. pp. 526–527.
- Marsh RL. (1977). Biochemical and Structural Adaptations in the Flight Muscles of the Migratory Catbird Dumetella-Carolinensis. American Zoologist. vol 17, no 4. pp. 894–894.
- Marsh RL. (1981). Catabolic Enzyme Activities in Relation to Pre Migratory Fattening and Muscle Hypertrophy in the Gray Catbird Dumetella-Carolinensis. Journal of Comparative Physiology B Biochemical Systemic & Environmental Physiology. vol 141, no 4. pp. 417–424.
- Marsh RL. (1983). Adaptations of the Gray Catbird Dumetella-Carolinensis to Long Distance Migration Energy Stores and Substrate Concentrations in Plasma. Auk. vol 100, no 1. pp. 170–179.
- Marsh RL. (1984). Adaptations of the Gray Catbird Dumetella-Carolinensis to Long Distance Migration Flight Muscle Hypertrophy Associated with Elevated Body Mass. Physiological Zoology. vol 57, no 1. pp. 105–117.
- Marshall JS, Glover PAR, Buechi KA & VanDruff LW. (2001). Nest reuse by a Gray Catbird. Wilson Bulletin. vol 113, no 3. pp. 337–338.
- Mollhoff WJ. (1976). Successful Parasitism of the Gray Catbird by the Brown-Headed Cowbird. Wilson Bulletin. vol 88, no 3. pp. 504–505.
- Pence DB & Casto SD. (1975). The Systematic Position of the Gray Catbird Dumetella-Carolinensis as Indicated by Its Nasal Mites Acarina Dermanyssidae Rhinonyssinae. Wilson Bulletin. vol 87, no 1. pp. 75–82.
- Powell MC. (1978). A Gray Catbird Nest in Duval County Florida USA. Florida Field Naturalist. vol 6, no 2.
- Preston K. (1989). Gray Catbird in County Cork New to Britain and Ireland Uk. British Birds. vol 82, no 1. pp. 1–3.
- Raynor GS. (1979). Weight and Size Variation in the Gray Catbird Dumetella-Cardinensis. Bird Banding. vol 50, no 2. pp. 124–144.
- Rivers JW & Sandercock BK. (2004). Predation by gray catbird on brown thrasher eggs. Southwestern Naturalist. vol 49, no 1. pp. 101–103.
- Scott DM. (1977). Cowbird Parasitism on the Gray Catbird at London Ontario Canada. Auk. vol 94, no 1. pp. 18–27.
- Stevenson HM & Menk GE. (1978). The Breeding Status of the Gray Catbird in Florida. Florida Field Naturalist. vol 6, no 1. pp. 13–15.
- Stewart PA. (1969). Prey in 2 Screech Owl Nests Otus-Asio Dumetella-Carolinensis Vermivora-Ruficapilla Melospiza-Melodia Microtus-Ochrogaster Heterodon-Platyrhinos. Auk. vol 86, no 1.
- Young AM. (1968). Predation by Catbirds on Dragonflies Dumetella-Carolinensis. Condor. vol 70, no 2.