Saltar ao contido

Monbus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monbús»)
Monbus

Autobús na estación de Pontevedra.
TipoSociedade Limitada
Fundación1972
LocalizaciónLugo
Persoas claveRaúl López López
IndustriaTransportes
Na rede
http://www.monbus.es
editar datos en Wikidata ]

Monbus é unha compañía galega de transporte de viaxeiros en autobuses, de tipo regular, discrecional, escolar e laboral.

Monbus na estrada.

As orixes da actual empresa Monbus iniciouse a comezos da década de 1930,[Cómpre referencia] cando Raúl López Loureiro comezou a súa actividade cunha camioneta dedicada ó transporte de mercancías e viaxeiros. Nas década de 1940 e 1950 esta actividade ampliouse cara ao ámbito dos autobuses, que se encargaban de percorrer vilas da provincia de Lugo nos que se celebraba algunha feira o algún mercado, unha labor que só daba traballo uns poucos días ó mes, unha circunstancia que lles levou a introducirse tamén no terreo do transporte discrecional.

Na década de 1970, trala normativa promulgada polo Ministerio referente ó dereito ó transporte gratuíto por parte dos escolares, Monbus comeza a dar servizos nesta parcela, ó tempo que en 1975 o fillo do fundador da compañía, Raúl López López, que ata entón colaborara con seu pai de maneira parcial, se inmiscúe plenamente na dirección da firma, cargo que segue desempeñando a data de hoxe.

En 1977, xa baixo a xerencia de Raúl López, xurdiu a posibilidade de comprar, xunto a outros socios, Monforte, que era a empresa de transporte máis forte de Lugo naquela época, co que se crea RUACASA (Rutas a Cataluña, S.A.). Desta forma, Monbus comezou a compaxinar as súas coberturas ós lugares nos que se celebraba algún mercado ou feira co transporte escolar e o transporte regular mediante a liña Lugo-Barcelona, un campo que sería debidamente legalizado trala promulgación das primeiras concesións oficiais, comezando así unha forte aposta polos servizos de longa distancia.

Aproveitando a gran cantidade de emigrantes galegos que habitaban en Cataluña e no País Vasco, Monbus logrou a adxudicación das concesións das liñas Galicia-Barcelona e Galicia-País Vasco, que supuxeron un modelo de servizo de excelente calidade cara ao pasaxeiro e lograron conectar Galicia con zonas como Castela e León, o País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña, en concreto con Lleida, Tarragona e Barcelona.

Este feito deu orixe á constitución no ano 1991 de VIBASA, unha sociedade composta pola empresa galega Monbus, a catalá MOLIST e a vasca CUADRA.

A segunda metade dos anos 90 estivo marcada pola privatización de ENATCAR, que se comezou a xestar en 1998, consolidouse no verán de 1999 e deu lugar a unha nova situación no mercado español que fixo que Monbus aproveitase as súas sinerxías e comezase un período de adquisición de diversas compañías da comunidade autónoma galega con tal de adaptarse ás novas demandas e necesidades do sector.

Por iso, naquela época se produciron as compras de Transportes La Unión, Autobuses de Pontevedra, Gómez de Castro, Miño etc., o que supuxo un importante aforro de custos económicos e provocou a creación de Grupo Transmonbus, formado nun 66% por Monbus e nun 34% pola entidade financeira Caixa Nova.

Durante os últimos anos produciuse a consolidación no mercado nacional deste grupo, que se erixiu como a primeira compañía con maior número de viaxeiros en Galicia, cunha considerable distancia con respecto á segunda corporación da clasificación de compañías de transporte de viaxeiros.[Cómpre referencia]

Compañías adquiridas

[editar | editar a fonte]

Monbus afianzou a súa presenza no territorio nacional e comunitaria mediante a adquisición de participación nas empresas[Cómpre referencia] Monfobus, Autobuses Urbanos de Lugo, Empresa Monforte, Gómez de Castro, Autobuses Pontevedra, Autos Arcade, Transportes La Unión, Viuda de J. Domínguez, Auto Industrial, Castromil, Aguas de Incio, Arriva, Eurolines Peninsular, Alsina, La Directa, Rialsa, Tralusa e Autobuses Alcalá.

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

No ano 2009 asociouse coa empresa galega de tecnoloxía Blu:Sens no patrocinio do equipo de baloncesto da ACB Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto (Obradoiro CAB), que a partir deste momento pasa a chamarse Blu:Sens-Monbus. Desde a tempada 2012-13 tamén patrocina ao Club Deportivo Lugo da Liga Adelante.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]