Convento de San Bieito da Guarda
Convento de San Bieito da Guarda | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Convento |
Advocación | San Bieito |
Localización | A Guarda |
Coordenadas | 41°54′00″N 8°52′25″O / 41.90005833, -8.87370278 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Tui-Vigo |
Arquitectura | |
Construción | século XVI |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Convento de San Bieito da Guarda é un conxunto significativo, construído entre 1558 e 1561 como Mosteiro da Transfiguración do Señor.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado por catro irmáns, naturais do Señorío de Teáns, Salvaterra de Miño, bisnetos de Pedro Madruga: Álvaro, García, Isabel e María Ozores de Sotomayor. A carta fundacional, asinada polo nuncio de Pío IV en Portugal, é do 7 de setembro de 1561 e a inauguración foi seis anos despois, o 5 de agosto de 1567, presidida polo Bispo de Tui, Diego de Torquemada.[1]
O edificio sufriu unha reforma importante no século XVIII, a igrexa ten un retablo sinxelo, presidido polo santo, e unha portada barroca na porta norte.[2]
A comunidade de beneditinas ocupou o convento ata 1984, durante 417 anos. Desde 1990 as instalacións albergan un hotel e restaurante.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]
|
- ↑ Miguel Villa Álvarez, Joaquín Miguel: "El Convento de Monjas Benedictinas de la villa de A Guarda" I e II, Faro de Vigo, xuño de 2015 (en castelán).
- ↑ Cegarra Martínez, Basilio (1999). VI. Guía e rutas da arte. Pontevedra, p. 147-148. Editorial Galaxia, Vigo.
- ↑ Patrimonio. Arquitectura relixiosa Arquivado 30 de xuño de 2015 en Wayback Machine. Concello da Guarda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento de San Bieito da Guarda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Miguel Villa Álvarez, Joaquín Miguel: "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984", 736 pp., Deputación de Pontevedra (en castelán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fichas do convento e do hotel en Turgalicia.