Saltar ao contido

Mosteiro de San Millán de Suso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mosteiro de Suso»)
Modelo:Xeografía físicaMosteiro de San Millán de Suso
(es) Monasterio de San Millán de Suso Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomosteiro
Monumentos do patrimonio histórico de España Editar o valor en Wikidata
Parte deMosteiro de San Millán de la Cogolla
Suso Monastery and Archaeological Sites (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSan Millán de la Cogolla, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°19′46″N 2°52′22″O / 42.32939, -2.87269
Características
Ben de interese cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000703-00000

O Mosteiro de San Millán de Suso ou Mosteiro de Suso (do adverbio latino SURSUM, 'enriba') está situado preto da vila de San Millán de la Cogolla, na Rioxa, na marxe esquerda do río Cárdenas e forma parte do conxunto monumental de dous mosteiros, con outro construído posteriormente e que se sitúa máis abaixo, chamado Mosteiro de San Millán de Yuso, os dous declarados Patrimonio da Humanidade en 1997.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Iniciada a súa construción a finais do século VI, ten a súa orixe nun cenobio visigodo establecido arredor do sepulcro do eremita Aemilianus (Millán) ou Emiliano, falecido no ano 574. Ao longo dos séculos seguintes e ata o século XII sofre distintas ampliacións como consecuencia do cambio de vida eremítica á cenobítica e posterior monástica, distinguíndose nelas o estilo mozárabe e o románico. A súa importancia non é só artística e relixiosa, senón tamén lingüística e literaria. Aquí un monxe escribiu as Glosas Emilianenses, que eran anotacións aclaratorias nas marxes das páxinas escritas en latín. As devanditas anotacións estaban escritas en romance ou nun precastelán pouco evolucionado respecto do latín. Neste mosteiro aparecen á súa vez as primeiras anotacións escritas en éuscaro, polo que se considerou o berce dos romances hispanos e do éuscaro. Aquí habitou así mesmo o monxe e primeiro poeta de nome coñecido en castelán, Gonzalo de Berceo.

Tamén a tradición atribúe que no portaliello deste mosteiro están os que pasan por ser os sarcófagos dos sete infantes de Lara da lenda.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]