Saltar ao contido

Mosteiro dos Xerónimos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mosteiro dos Jerónimos»)
Modelo:Xeografía físicaMosteiro dos Xerónimos
(pt) Mosteiro dos Jerónimos Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
Tipomosteiro
patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
Parte deMosteiro dos Xerónimos e Torre de Belén Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBelém, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSanta Maria de Belém Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°41′52″N 9°12′20″O / 38.697846, -9.205601
Características
Superficie2,57 ha
zona de protección: 51,5 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1983 (7ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador263bis-001
Monumento nacional de Portugal
Identificador70631
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data?, Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador263bis-001
Historia
Data de creación ou fundación1502 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais1.096.283 (2019) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmosteirojeronimos.pt Editar o valor en Wikidata

Monumento á riqueza dos Descubrimentos, o Mosteiro dos Xerónimos sitúase en Belém, Lisboa, á entrada do Río Texo. Constitúe o punto máis alto da arquitectura manuelina e o máis notábel conxunto monástico do século XVI en Portugal e unha das principais igrexas-salón da Europa.

Destaca o seu claustro, completo en 1544, e a porta sur, de complexo deseño xeométrico, de fronte para o río Texo. Os elementos decorativos están repletos de símbolos da arte da navegación e de esculturas de plantas e animais exóticos.

O monumento forma parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, e o 7 de xullo de 2007 foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal.

Encomendado polo rei Manuel I, pouco despois de Vasco da Gama regresar da a súa viaxe á India, financiouse en gran parte polos lucros do comercio de especias. Escollido o lugar, xunto ao río en Santa María de Belén, iníciase en 1502 a obra con varios arquitectos e construtores, entre eles Diogo Boitaca (plano inicial e parte da execución) e João de Castillo (bóvedas das naves e do transepto – esta cunha rede de nervuras en forma de estrela –, piares, porta sur, sancristía e fachada) que substitúe o primeiro en 1516/17. No reinado de Xoán III engadiuse o coro alto.

Deriva o nome por serlle entregada á Orde de san Xerónimo, nel estabelecida ata 1834. Sobreviviu ao sismo de 1755 mais foi danado polas tropas invasoras francesas enviadas por Napoleón Bonaparte no inicio do século XIX.

Inclúe, entre outros, os túmulos dos reis Manuel I e a súa muller, María, Xoán III e a súa muller Catarina, Sebastián e Henrique e aínda os de Vasco da Gama, de Luís Vaz de Camões, de Alexandre Herculano e de Fernando Pessoa.

Despois de 1834, coa expulsión das ordes relixiosas, o templo dos Xerónimos destinouse a igrexa parroquial da freguesía de Santa María de Belén.

Nunha extensión construída en 1850 está localizado o Museo Nacional de Arqueoloxía. O Museo da Mariña sitúase na ala oeste.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]