Movimiento Comunista
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Movimiento Comunista | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo |
Data de fundación | 1972 |
Data de disolución | 1991 |
Secretario/a | Eugenio del Río Gabarain |
Sede | España |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Movimiento Comunista (MC) foi un partido comunista de España fundado en 1972, aínda que as súas orixes están nunha escisión de ETA en 1967 coñecida como ETA Berri e máis tarde Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK), partidario dunha política máis marxista e que procuraba a cooperación con outros grupos dentro de España e así fusionase coa Organización Comunista (Aragón), Unificació Comunista (Valencia), Grup de Formació Marxista-Leninista de les Illes (Baleares) e un grupo de comunistas independentes asturianos para formar o Movimiento Comunista de España, chamado desde 1976 Movimiento Comunista, un partido federal con organizacións federadas en case todo o territorio español. As organizacións de Cataluña, Valencia e Baleares formaban o Moviment Comunista del Països Catalans, o EMK deixou o MC a mediados dos 80 aínda que mantivo a colaboración co MC.
Aínda que inicialmente o MC foi maoísta evolucionou cara a un comunismo independente das grandes correntes internacionais, moi intelectualizado, cunha grande énfase no feminismo e no recoñecemento das realidades nacionais de España. Nas eleccións xerais impulsou varias plataformas electorais como a Candidatura de Unidad Popular en Madrid. En 1979 integrouse no MC a Organización de Izquierda Comunista
Tras a integración de España na Unión Europea o MC xunto á Liga Comunista Revolucionaria (LCR) apoiou a candidatura de Herri Batasuna ó Parlamento europeo en toda España. Tamén tivo un papel destacado na creación do Comité Anti-OTAN.
En 1991 unificouse coa LCR adoptando o nome de Izquierda Alternativa, que tivo unha curta vida xa que desapareceu en 1993 e a maioría dos antigos militantes do MC seguiron en política co nome de Liberación.
En Galicia o Movemento Comunista de Galicia era o referente do MC. A fusión coa LCR deu orixe ao partido de ámbito galego Inzar, que se integrou no BNG no ano 1993.